VI TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN CONCELLO DE CARBALLO

O equipo do Maristas de Algemesí alzouse co título no “VI Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo” logo de dorrotar nunha vibrante e apaixoante final ao Ademar de León de 1º ano.
Fantástica final a que nos ofreceron estes dous conxuntos, un partido cheo de calidade e intensidade que se decidiu a prol do alacantinos na tanta de penaltis por 3 – 2, logo de chegarse ao final dos 60 minutos con igualada a 33 e ao remate da prorroga con empate a 39.

O xogador do Maristas Miguel Bueno Carrasco foi elixido mellor xogador do torneo e o gardamenta Josep B. Borrás do mesmo equipo conseguiu o galardón de mellor porteiro.

Na terceira posición quedou o equipo portugués do ABC Braga que derrotou, en outro igualado partido, por 29 – 27 á SD Teucro no encontro polo 3º e 4º posto.

Na quinta e sexta posición remataron o Ademar de León de 2º ano e o Maristas de Algemesí de 1º ano.

Finalmente pecharon a clasificación dun torneo, que destacou pola calidade de todos os conxuntos participantes, os dous equipos das E. Bm. Xiria, 8º foi o E. Bm. Xiria A e 7º o E. Bm. Xiria B, equipo que non puido acadar unha mellor clasificación ao non poder contar co seu mellor xogador, David, no derradeiro partido da fase de grupos rematando na derradeira posición do seu grupo pola golaveraxe.

Nos encontros infantís, de caracter amigable, o equipo do Maristas de Algemesí conseguiu gañar os tres partidos fronte a OAR Coruña, Bm Lalín e E. Bm. Xiria.

Na ceremonia de entrega de trofeos participaron Marcos Trigo, concelleiro de Deportes do Concello de Carballo, Luciano Calvo, presidente da Agrupación Deportiva Xiria, Xoán Sande, en representación da Deputación da Coruña, Francisco García, xerente do Padroado Deportivo Municipal, Juan Ramón García, delegado da Federación Galega de Balonmán e Álex Cousillas, presidente das Escolas de Balonmán Xiria.

Destacar a gran deportividade amosada por todos os equipos, tanto dentro como fóra da cancha, así como a afluencia de público durante os dous días de desenvolvemento do torneo.