Vitoria do Grupo Lemaco fronte a Sar

Grupo Lemaco Xiria 37 – SAR Redondela  26 (19-12)

Pechaba a primeira volta da Liga o Grupo Lemaco coa visita da Sar, e facíao vencendo sen complicacións ao seu rival, partido no que o equipo foi a máis logo dun bo traballo de todo o equipo.

Tivo que empregarse a fondo a defensa do Xiria para frear o ataque rival, axustando os seus homes no centro da defensa e incidindo e punteando o ataque rival, deste xeito apareceron os roubos de balón e o Xiria foise asentando no marcador. A fluidez en ataque era suficiente para optar por bos lanzamentos ao buscar os ocos na defensa rival, Alex Gómez que aparecía logo de máis de un mes por lesión dáballe ao equipo ese plus no lanzamento exterior, falto nas derradeiras xornadas.

A volta dos vestiarios logo dese 19 a 12, o Xiria seguiu medrando en xogo sen balón e superando a defensa da Sar nesta segunda metade, máis profunda pero a vez máis arriscada, os desdobramentos continuos facilitaban as accións dos atacantes de cara a gol. A fase final do encontro converteuse nun intercambio de goles esperando o asubío final, que marcou ese 37 a 26.

Grupo Lemaco Xiria 37 (19): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Adrián Mesejo 3, Mario Cancela 3, Dani Mallo 8, Franco Rial, Juan Pereira 3, Mario Rincón 1,  Diego Antelo, Carlos Varela, Aaron Rodríguez, Brais Vila 2, Iago Rincón 5, Fernando Mallo 1 e AlexGómez 10.

SAR Redondela  26 (12): Adrián Alonso e Mario González (porteiros), Iñaki Míguez, Angel Sotelo 4, Diego Comesaña 3, Daniel Virulegio 7, Mateo Gallego, Sergio Otero 3, José Dos Santos 7, Breixo Docampo 2, Martín Alfaya e Alexandre Martínez

Marcador cada 5 min: 2-2/ 7-5 / 10-6/ 13-8/ 18-10/ 19-12/ 23-13/ 25-16/ 28-18/ 29-21/ 33-25/ 37-26

Arbitraron: Christian García e Carlos Calvar, sen complicacións