Vitoria do Grupo Lemaco fronte ao Academia Octavio

Academia Octavio 26 – Grupo Lemaco Xiria 36 (10-18)

O Grupo Lemaco amosou a súa superioridade conseguindo cinco vitorias en cinco xornadas no seu Grupo da Copa Federación, polo que pasará como primeiro as semifinais.

Saíu moi concentrado e con gañas de resolver o encontro o Xiria, e en pouco minutos marcou distancias no marcador. Defensa con axudadas para cerrar as penetracións dos vigueses e rápida saída ao contraataque. Nos ataques o Xiria resolvía con certa soltura, conseguindo sempre un pase máis para ese xogador desmarcado, polo que a diferenza no marcador de 8 goles ao descanso levábanos a unha segunda parte cómoda.

Como así foi, baixou a intensidade defensiva o Grupo Lemaco, motivado polo marcador e tamén polos distintos cambios, e o partido transcorreu na distancia de 10 goles ata o asubío final. Aproveitou o Xiria para distintas variables, pero o encontro e o rival non deron para máis.

Academia Octavio 26 (10): González Patiño e Alonso García (porteiros) , David Figueirido 2, Iñaki Dacunha 1, Iago González 4, Daniel Arcila 1, Andrés De Moura 10, Alvaro Cameselle, Darío Pérez 3, Diego Fernández 5, Miguel Ferrero.

Grupo Lemaco Xiria 36 (18): Diego Lema (porteiro) Iker Martínez 3, Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 7, Dani Mallo 8, Mario Rincón 3, Diego Antelo, Brais Vila 4, Iago Rincón 3, Fernado Mallo 2, Diego Rodríguez e Alex Gómez 5.

Arbitraron: Inocencio Pérez e Andrea Argibay, sen complicacións