Vitoria do Laber Xiria alevín ante un gran rival

O Laber Xiria alevín, disputou este Sábado un emocionante e rifado encontro na xornada celebrada en Camariñas. Os de Carballo enfrontábanse a un potente rival, situado no cuarto posto da clasificación, xusto detrás dos tres equipos de Xiria (Laber Xiria, Xiria Telepizza Carballo e LK Xiria), que lideran a táboa. O Alca B, un conxunto con xogadores cunhas capacidades físicas notables e cunha gran proxección de fronte ao futuro, era un rival que ameazaba con arrebatarlles aos bergantiñáns o primeiro posto da clasificación, pero estes estiveron a un altísimo nivel e souberon sufrir nos momentos cruciais para levarse o encontro por un tenteo final de 6-0. No primeiro cuarto, os de Santiago entraban mellor no encontro e superaban individualmente unha e outra vez á defensa verdinegra, pero Mateo, na portería, levantaba un muro infranqueable que os rojillos non eran capaces de perforar. A medida que transcorrían os minutos, o Laber Xiria entoábase e remataba a faena cun 6-4 que lle outorgaba a primeira vantaxe no envite. Os seguintes dous cuartos, resultaron ser un para cada equipo, o primeiro, por un axustado 8-7 para os de Carballo e o segundo, tamén rifado, para os santiagueses por 9-10. Xogábase entón o último tempo e os de Xiria non daban opción ao seu rival, dominando de principio a fin o oito minutos de xogo para imporse por un cómodo parcial de 6-3. Deste xeito, o laber Xiria segue dominabdo a clasificación, á espera da próxima xornada de balonmán 5 na que se enfrontarán aos compañeiros do Xiria Telepizza Carballo.

Laber Xiria BM5: 6 – Alca Ribadosar: 2

1º Tempo: 6-4

2º Tempo: 8-7

3º Tempo: 9-10

4º Tempo: 6-3

Laber Xiria BM5: Mateo (3), Manuel García (1), Samuel Regueira (8), Samuel Veiga (3), Hugo García (8), Oscar Tasende (3), Marcos Amarelle (3).