Vitoria en Travesas para o Calvo Xiria

Dous puntos para o Calvo Xiria ante o Academia Octavio en Vigo, nun partido con dous tempos ben diferenciados. Unha primeira parte na que se mantivo a igualdade e un segundo tempo con clara cor verdinegra.

Os primeiros cinco minutos foron para os vigueses ante un conxunto visitante que non entrou no partido até transcorridos dez minutos. Aproveitaron os olívicos para se facer cunha pequena vantaxe no marcador. Logo de axustar a súa defensa e empezar a correr os carballeses tomaron o mando do partido para non deixalo máis. Os primeiros trinta minutos remataron cun parcial de 11-14 a prol dun Calvo Xiria que errou demasiados lanzamentos, pero que conseguiu dar ao partido o ritmo que máis lle interesaba. O segundo tempo foi claramente do Xiria, en quince minutos so encaixou dous goles, grazas a intensidade defensiva e a labor de Iago baixo paus, namentres marcou dez. O partido estaba xa finiquitado.

Agora tócalle ao Calvo Xiria unhas xornadas ben intensas. O primeiro rival desta fase será o At. Novás o vindeiro sábado no Vila de Noia ás 20:15 horas.

Incidencias: partido disputado no Pavillón de Traviesas ante uns 100 seareiros. Colexiados: María Ángeles Madrazo Viadero e Alberto Ramos Mardones do colexio cántabro. Castigaron con exclusión polo Academia Octavio a Daniel Fernández (49´, 54´), namentres polo polo Calvo Xiria foron sancionados Brais Puñal (22´), Gabriel Castiñeiras (57´). 7 metros: Academia Octavio 1//2   Calvo Xiria 1//1. Marcador cada 5 minutos: 5-2, 5-5, 6-8, 9-10, 9-12, 11-14 descanso, 11-17, 11-22, 13-24, 14-25, 16-28, 18-31.

ACADEMIA OCTAVIO 18 (11+7): Anxo Otero [p], Daniel Benjumea [p], Francisco Camino, Rodrigo de Moura, Pablo Barros (4), Iago Rivas, Daniel Fernández (2), Ángel Martínez (3), Sergio Enríquez, Daniel Bernárdez (3), Carlos Fernández (2), Straminja Simic (4), Juan Baldó.

CALVO XIRIA 31 (14+17): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (1), Uxío Batán (3), Sergio Facal (3), Gabriel Castiñeiras (1), Alejandro Calvete (2), Javier Rodríguez (3), Julián López, Hugo Rodríguez (4), Martín Alfeirán (3), Jorge Bouzas (4), Manuel Méndez (3), Miguel Suárez-Pumariega (3), Juan Carlos Rodríguez (1).