Vitoria para un Garaysa Xiria loitador

Primeira xornada da división de honra infantil, a cal enfrontaba ao Garaysa Xiria e ao A.D. Carballal, dous dos equipos que aspiran a loitar polos postos cabeceiros da categoría.

Así pois o partido foi como se prevería; un choque igualado que puido gañar calquera, con continuos cambios no marcador e as lóxicas imprecisións neste comezo de tempada.

Comezaban os primeiros minutos con mínimas diferenzas a favor do Garaysa; máis acertado no lanzamento; faceta que pronto axustaría o Carballal para chegarnos ao minuto 15 con empate, 11-11. Cun desgaste notorio nos xogadores, os cambios non tardaron en chegar, pero o equilibrio entre os dous cadros, deparaba unha igualdade pola que chegariamos ao descanso 16-15 favorable aos carballeses.
Na continuación, a tónica sería a mesma, pero o Garaysa Xiria despois de sufrir até 4 exclusións nesta metade por ningunha dos visitantes chegaba aos instantes finais con 3 goles por baixo, 27-30. Foi nese momento onde este equipo sacou o orgullo e carácter carballés e cun parcial de 4-0 favorable, deixaría o resultado no 31-30 final e conseguía dous puntos moi importantes para a clasificación.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria visita a pista do S.A.R. Centro Médico Cesantes.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia cunha entrada de 150 seareiros. Colexiado: Carlos Calvar Martínez do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Antonio Calvelo (27´/41´), Juan Pereira (35´) e Daniel Mallo (48´) por parte local. / 7 metros: Garaysa Xiria 2/3 // A.D. Carballal 4/5.

Marcador cada 5 minutos: 5-4, 9-7, 11-11, 13-14, 16-15, descanso, 19-18, 21-21, 25-25, 27-29, 31-30.

GARAYSA XIRIA 31 ( 16 + 15 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez, Carlos Varela, Mario Cancela (8), Daniel Mallo (4), Fernando Mallo (2), Juan Pereira (7), Diego Antelo (3), Julián García (3), Antonio Calvelo (3), Pablo Esmoris (1).

A.D. CARBALLAL 30 ( 15 + 15 ): Guillermo Álvarez, Adrián Leal, Yeray Firo (2), Iván Pérez, Iago Costas (9), Lois Martínez, Alejandro López (4), Pablo Vilaboa, Ignacio Costas (7), Brais Alonso, Iván Martínez (2), Roi Gallego (6), Raúl Garrido, Pedro Pérez.

img-20160925-wa0001 img-20160925-wa0003 img-20160925-wa0004 img-20160925-wa0007 img-20160925-wa0010 img-20160925-wa0011 img-20160925-wa0012 img-20160925-wa0013 img-20160925-wa0014 img-20160925-wa0015 img-20160925-wa0016 img-20160925-wa0017 img-20160925-wa0018 img-20160925-wa0019 img-20160925-wa0021 img-20160925-wa0022