port Oar

Vitoria sen apuros do Grupo Lemaco diante do Oar Coruña

Oar Coruña  22 – Grupo Lemaco Xiria 30 (8-13)

A pesar de atoparnos un Grupo Lemaco falto de ritmo en ataque e con algunhas dúbidas en defensa, o equipo non tivo demasiados atrancos para impoñerse aos coruñeses do Oar.

O Xiria ben plantado no 5:1 defensivo era quen de roubar o balón ante un ataque lento do seu rival, pero a precipitación da subida de balón a contra e as malas opcións escollidas, facían que os carballeses non puideran sentenciar o partido nos primeiros minutos, pese a elo, 8 a 13 ao descanso.

Segunda metade que seguía polas mesmas pautas, o equipo carballés perdoaba en exceso ante a portería rival, o que daba a oportunidade ao seu rival de achegarse momentaneamente no marcador, pero volveu a poñerse serio en defensa o Grupo Lemaco, cerrando a súa defensa sen dar opcións de gol e máis resolutivo no ataque, conseguindo deixar a diferenza nun 22 a 30 final.

Oar Coruña  22 (8): Alvaro Deus (porteiro) , Mateo Martínez 3, Diego Piñeira 4, Cesar Freire, Alvaro Sarandeses 2, Pedro González 3, Marcos Sánchez 3, Juan González 2, Lucas Lombro 3 e Antón Moguín 2.

Grupo Lemaco Xiria 30 (13): Diego Lema (porteiro), Adrián Mesejo 5, Mario Cancela 5, Dani Mallo 3, Mario Rincón 5, Iago Rincón 4, Iker Martínez 1, Alex Gómez 6, Diego Antelo e Brais Vila 1.

Marcador cada 5 min: 1-1/ 4-4/ 5-8 / 5-11/ 7-12/ 8-13/ 12-16/ 15-19/ 17-20/ 19-25/ 21-27/ 22-30

Arbitrou: Henrique Folgoso, sen complicacións