Volve a competición cunha xornada vibrante

Despois dun merecido descanso no parón do Nadal, os equipos de Escolas Balonmán Xiria volven a escena e fano con varios encontros de suma importancia para as súas aspiracións no que será o tramo final das respectivas competicións.

O Calvo Xiria, que ocupa a terceira praza da clasificación, empatado a puntos co segundo e a tres do primeiro, ten unha complicada saída en Cangas onde lles espera un equipo que contará con toda a súa artillería. Os carballeses terán que expoñer a súa mellor versión para conseguir unha vitoria que lles manteña nos postos de privilexio e con todas as aspiracións de conseguir, un ano máis, un posto dos que dan opción a disputar a fase de ascenso. Con todos os xogadores dispoñibles, o Calvo viaxará a Cangas para enfrontarse ao conxunto locatario no pavillón de Ou Gatañal o Domingo ás 12:30.

O outro equipo senior da entidade, o Goldie Xiria feminino, viaxará o Sábado ata Ponche Do Porto para disputar, ante o Encaixe Camariñas Conservas Boya, un sempre vibrante derbi da comarca, aprazado no seu día por incomparecencia arbitral e correspondente á xornada 11. O encontro disputarase ás 16:00 h no pavillón da devandita localidade. Esa xornada aprazada, obriga ao Goldie a dobrar esforzos e xogar tamén o Domingo contra o Seis Do Nadal, na cita xa marcada no calendario para esta data. O encontro disputarase no Vila De Noia ás 12:30. En caso de conseguir os catro puntos a disputar neste fin de semana, as mozas de ouro darán un gran impulso na clasificación que lles deixará nun excelente lugar para afrontar a segunda parte da competición.

Os equipos de División De Honra, disputarán os seus partidos o Sábado no Vila De Noia. Os infantís do Garaysa farano ás 10:00 h, os cadetes do Grupo Lemaco ás 11:15 e os xuvenís do Laber ás 11:45. Mentres os dous primeiros tentarán conseguir a vitoria para seguir nos postos altos da clasificación, os terceiros, farano para poder apirar a escalar postos na táboa e coa opción de gañar o golaverage a un rival directo como é o Luceros. Serán encontros moi complicados, dado o alto nivel competitivo que sempre mostran os conxuntos de Cangas.

Os cadetes de 2ª Div, pola súa banda, recibirán ao BM Lucus Recambios Infra o Domingo ás 10:30 no pavillón Vila De Noia coa idea de seguir crecendo nunha competición na que foi de menos a máis e que nas últimaas xornadas está a mostrarse intratable.

Xa en categoría infantil 2º División, teremos, en feminino, aos dous equipos de Xiria que xogarán entre elas. O Garaysa Xiria e o Punta del Este, enfrontaranse o Sábado no CEIP Fogar nun partido no que, por encima de todo, prevalecerá a progresión das unhas e as outras en dous grupos chamados a liderar o balonmán feminino na entidade carballesa. En masculino, o Marmolería J. Rey Xiria recibe ao BM. Xallas nunha confrontación onde se espera ver a evolución que xa experimenteran os carballeses antes do parón do Nadal. O encontro disputarase o Domingo ás 10:00 no pavillón do Fogar.

Por último e xa en Copa Delegación de BM5, os equipos benxamíns e alevíns de Escolas Balobmán Xiria, desprázanse a Santiago de Compostela para afrontar os seus respectivos encontros no pavillón Quiroga Palacios. Os cinco equipos alevíns, que están situados nos cinco primeiros postos da clasificación e os dous benxamíns, que de igual modo sitúanse nos máis alto, desexan seguir o bo camiño que veñen marcando desde o principio da competición. Os encontros a disputar serán estos:

Copa Delegación Alevín Mixta Bm5, x.4
* Ribadosar Alca Épsilon – LK Xiria
Sábado 13/01, 10:00h.
* Ribadosar Alca Omega – Grupo Lemaco Xiria
Sábado 13/01, 10:45h.
* Centros Ideal Arteixo – Laber Xiria
Sábado 13/01. 10:45h.
* Grabados Calvo Arteixo – Telepizza Carballo Xiria
Sábado 13/01, 11:30h.

Copa Delegación Benxamín Mixta Bm5, x.4
* Oak English Xiria – Bm Camariñas A
Sábado 13/01, 11:30h.
* Clínica Dental Pico Blanco Xiria – Alca Ribadosar Alca
Sábado 13/01, 12:15h.