IMG-20180325-WA0020

Xornada de fases finais para Goldie Xiria e Grupo Lemaco

Segue o Calvo Xiria invicto neste 2018 e afronta este fin de semana o seu partido fronte á SAR de Redondela (Pavillón Vila de Noia 18:00 h), co obxectivo de sumar dous novos puntos que lles axude a esgotar as opcións de conquistar a primeira praza do campionato que agora mesmo está en poder do Atl. Novás, precisamente, duelo do que poderán gozar os afeccionados ao balonmán dentro de dez días no Rosal. Para este labor, o conxunto de Carballo non se pode permitir a mais mínima confianza, xa que se sabe do perigo dos equipos que acoden con urxencias ao Vila De Noia na última parte do campionato e a SAR necesita sumar de dous en dous para escapar dos postos de descenso.

A retagarda dos verdinegros volverá ser o principal expoñente para impoñerse no envite e a esixencia de presentar unha maior orde táctica no aspecto colectivo e a continuidade de balón no ataque posicional.

Todos os xogadores estarán a disposición do técnico para este importante encontro.

Antes do encontro de 1ª división masculina (Pavillón Vila De Noia 16:00 h), as mozas do Goldie comezan o seu cruzamento na fase de ascenso, unha confrontación a dous partidos para estar nesa final que pode dar o paso ás carballesas á 1ª autonómica, pero antes, terán que conseguir derrotar no derbi ao BM. Culleredo, conxunto de poñerá as cousas moi complicadas en ambos os partidos.

Cita importante tamén para os cadetes do Grupo Lemaco e é que o conxunto de Carballo afronta este fin de semana a fase que lles pode dar o pase ao intersector do campionato de España. Os carballeses viaxarán a Vigo para disputar en terreo do BM. Carballal tres encontros co obxectivo de conseguir ese primeiro posto. Os rivais serán, o Luceros “El Hormiguero” de Cangas, o Nova Xestión Pavillón de Ourense e o propio Carballal, catro equipos buscando un posto nesa fase do campionato nacional.

O calendario de partidos será o seguinte:

Grupo Lemaco Xiria – Luceros El Hormiguero
Venres 20/04, 18.15, pav. Loureiro, Carballal-Vigo
Grupo Lemaco Xiria – Nova Xestión Pabellón Ourense
Sábado 21/04, 16.30, pav. Loureiro, Carballal-Vigo
AD Carballal A – Grupo Lemaco Xiria
Domingo 22/04, 12.00, pav. Loureiro, Carballal-Vigo

En categoría infantil e en 2ª división, os rapaces de Marmolería J. Rey viaxan o Domingo a Coruña para enfrontarse, no colexio Liceo La Paz, ao conxunto escolar nun difícil compromiso no que os carballeses se marcan como obxectivo seguir crecendo no seu xogo e demostrar a máis que positiva evolución que o equipo veu mostrando desde o inicio da tempada (Colexio Liceo La Paz 13:00h).

Pola súa banda e xa en feminino, o Punta Del Este actúa como local recibindo ao C. Deportivo Lucense no Vila De Noia e o Garaysa viaxa a Culleredo para enfrontarse no Pavillón de Tarrío ao conxunto Herculino. As primeiras, superiores en teoría ao seu rival, xogarán o Domingo ás 12:00, mentres que as segundas, que se terán que empregar a fondo ante un equipo que se mostrou superior en liga, xogarán o Sábado ás 10:00 h.

En Benxamíns e Alevíns, volvemos á competición de BM5, onde os equipos de Carballo esperan seguir coa súa incontestable superioridade e desta forma seguir copando os postos altos da clasificación en ambas as categorías. O calendario dunha xornada que terá como sede o pavillón de Oseiro en Arteixo, onde se disputará o groso da competición, é este:

Copa Alevín mixta Bm5, x.11
LK Xiria – Telepizza Carballo Xiria
Sábado 21/04, 11:00, pav. Ceip Fogar, Carballo
Bm Camariñas A – Grupo Lemaco Xiria
Sábado 21/04, 10:50, pav. Oseiro, Arteixo
Ribadosar.es – Laber Xiria
Sábado 21/04, 11:45, pav. Oseiro, Arteixo

Copa Benxamín mixta Bm5, x.2
Oak English Xiria – Agrupación Deportiva Zas
Sábado 21/04, 11:45, pav. Oseiro, Arteixo
Clínica Dental Pico Blanco Xiria – Xallas
Sábado 21/04, 12:30, pav. Oseiro, Arteixo