Xornada dispar para Metalúrgica BB Xiria A e B

Neste fin de semana de dobre xornada en BM7, os conxuntos de Escolas Balonmán Xiria tiveron diferentes sortes nos seus encontros.

Mentres o Metalúrgica BB Xiria B derrotaba por un contundete 8-0 o Sábado pola mañá ao Liceo, o Domingo caía por un axustado 5-3 ante o Gas Abegondo. Por outra banda, os seus compañeiros do Metalúrgica Xiria A, que non xogaban o Sábado polo adiamento do seu partido contra o OAR, caían derrotados ante o BM. Atlántico na mañá do Domingo, sufrindo así, os dous equipos de Carballo, a primeira derrota en competición ligueira.

O Metalúrgica BB Xiria B, mostrouse moi superior ao liceo no primeiro partido do fin de semana. A defensa e as rápidas contras, pronto estableceron amplas diferenzas para os bergantiñáns que sumaron oito novos puntos sen pasar apuros. Foi o Domingo cando o equipo afrontaba o seu maior reto, xa que o Gas Abegondo visitaba Carballo cos mesmos números que o seu rival, sen ceder ningún punto. Comezaron de forma inmellorable os de Xiria, impoñendo a súa calidade ante o maior potencial físico dos coruñeses e conseguindo vantaxe nos dous primeiros cuartos (unha vitoria e un empate). Nun encontro que resultou tremendamente igualado, os de Abegondo deron a volta ao envite e conseguiron superar aos locais nos dous cuartos restantes, feito que lles deu a vitoria por 3-5 cun apertado global de 22-27.

O MetalúrGica BB Xiria A, presentou batalla ante un poderoso conxunto como o BM Atlántico e aínda que saíu derrotado nos catro tempos do encontro, competiu todos eles e acabo cedendo por parciais axustados, ante un rival co que xa competira no campionato de Copa.

Todo iso é unha mostra máis do excelente nivel desta xeración de alevíns en Escolas Balonmán Xiria, que son capaces de competir con ambos os equipos do teu ao teu contra os conxuntos máis significativos da liga.

Metalúrgica BB Xiria B – Liceo Verde: 8-0

=10- 2

= 9 – 3

= 11 – 1

= 10 – 2

Metalúrgica BB Xiria B – Gas Abegondo: 3-5

=5 – 4

= 7 – 7

= 6 – 9

= 4 – 7

Metalúrgica BB Xiria B: Pablo Veiga, Manuel Rey, Miguel Cambón, Angel Villar, Maxi, Manu Pérez, Diego Barbeira, Xurxo Fraga, Lucas Amado, Antón Pardiñas, Alex Tato.

 

Metalúrgica BB Xiria A – BM. Atlántico: 0-8

=5- 7

= 3 – 6

= 3 – 5

= 4 – 8

Metalúrgica BB Xiria B: Álvaro García, Manuel García, Daniel Bello (2), Martín Cousillas, Hugo García (9), Henrique Traba (4), Erik Vázquez (11), Marcos Varela (3).