Xornada intensa de balonmán no fin de semana

Esta será, como vén sendo habitual en Escolas Balonmán Xiria, outro fin de semana intenso e repleto de partidos de enorme importancia para os conxuntos da entidade. E é que se o equipo senior do Calvo Xiria ten outra complicada saída a Pontevedra o vindeiro domingo, o resto de combinados verdinegros non lle van á zaga. O enfrontamento do Calvo contra o Teucro, é outro partido determinante para seguir aspirando a xogar unha nova fase de ascenso e os de Carballo deberán de presentar no municipal pontevedrés, un altísimo nivel de xogo para superar a un conxunto con moito máis talento e calidade do que indican os seus números na táboa de clasificación. O partido dará comezo ás 12:00h.

As mozas do Goldie, pola súa banda, viaxan a Vigo onde lles espera o primeiro clasificado, a A.D Carballal. As carballesas foron capaces de igualar a contenda no partido de ida e parten coa ilusión de dar a badalada nun dos campos máis complicados da categoría. Domingo ás 12:00 h en pavillón Loureiro.

O Sábado, os cadetes e xuvenís de División De Honra, viaxan a Lalín para enfrontarse aos conxuntos da localidade, unha das mellores canteiras galegas e dous partidos tremendamente complicados. A ilusión por conseguir algo positivo nese contexto, é o obxectivo dos bergantiñáns. Os cadetes do Grupo Lemaco xogarán ás 16:00 h, mentres os seus compañeiros do Laber Xiria, farano ás 17:30. Ambos os encontros disputaranse no pavillón Lalín Arena. Tamén na División De Honra, pero en categoría infantil, o Garaysa Xiria e o BM Culleredo, disputan un derbi no cal os carballeses esperan demostrar o seu magnífico momento de forma.Sábado 10:00 h, pavillón Almeiras (Culleredo).

Na segunda división infantil, as nenas do Punta Del Este e do Garaysa, enfróntanse ao Ribadosar e ao Encaixe Camariñas respectivamente. Mentres as primeiras viaxan a Santiago (Domingo 12:30 h pavillón Quiroga Palacios), as segundas xogarán como locais (Domingo 12:00h CEIP Fogar). En masculino, os nenos se enfentarán tamén no derbi costeiro ao conxunto camariñán (Domingo 10:30 h CEIP Fogar).

Os máis pequenos disputan a súa xornada de BM5 no pavillón de CEIP Fogar de Carballo nos seguintes horarios:

Copa Delegación Alevín Mixta Bm5

10.00 – Telepizza Carballo Xiria – Ribadosar Alca Omega, Pavillón CEIP Fogar

10.00 – BM Camariñas A – Ribadosar Alca Épsilon, Pavillón CEIP Fogar

10.45 – Ribadosar.es – BM Camariñas B, Pavillón CEIP Fogar

Copa Delegación Benxamín Mixta Bm5

10.45 – Oak English Xiria – Alca Ribadosar Alca, Pavillón CEIP Fogar.

11.30 – Clínica Dental Pico Blanco Xiria – Bm Camariñas A, Pavillón CEIP Fogar.

Copa Delegación Alevín Mixta Bm5

11.30 – EDM Concello Muxía BM Camariñas – Centros Ideal Arteixo, Pavillón CEIP Fogar

12.15 – LK Xiria – C.D. Concello de Zas, Pavillón CEIP Fogar.

12.15 – Laber Xiria – Grabados Calvo Arteixo, Pavillón CEIP Fogar.