Alevín Masculino – Tempada 2003-2004

Torneo Caixanova

O pasado Sábado 13 de Outubro, Justo Martínez, representante de Caixanova, asistiu ó inicio da Competición de Deporte Escolar na que participarán rapaces de colexios de Carballo que se iniciaron na practica do balonmán gracias o convenio que a entidade bancaria firmou coa A.D.Xiria ó inicio do actual curso escolar. Nesta línea enmarcase tamén outro convenio firmado coa empresa Hierros Añón, o que sumado á posta en funcionamento de dúas escolas nos Concellos de Malpica e Laracha fai que esta especialidade deportiva continúe expandíndose na comarca de Bergantiños.

Equipos Participantes:

GRUPO «CAIXANOVA»:
Caixanova Xiria A
Caixanova Xiria B
Caixanova Xiria C
EDM Camariñas A
EDM Camariñas B
EDM Laracha
EDM Malpica
CEIP Fogar

GRUPO B:
CEIP A Cristina A
CEIP A Cristina B
CEIP A Cristina B
CEIP Fogar B
CEIP Nétoma Razo
CEIP San Luís Romero
CEIP Canosa Rus
CEIP Sofán
CEIP Bergantiños

Clasificación

03-04-alevin

Crónicas

03/04/2004 4ª XORNADA

O pasado día 3 disputáronse 3 partidos correspondentes á cuarta xornada do Torneo Caixanova. Non puideron disputar o seu encontro o EDM Laracha e o EDM Camariñas B , pois os adestramentos destes últimos suspéndense sempre nestas datas por esta-las instalacións deportivas camariñáns ocupadas polas actividades da Feira do Encaixe.

Déronse dúas goleadas : no Caixanova Xiria B – Caixanova Xiria C , que confirmou o liderado provisional destes últimos ó fronte da clasificación xeral, e individualmente o de Katia que non só aumentou o seu casilleiro particular de goles senón que secou ó terceiro clasificado ata ese momento Jorge Bouzas e o de EDM Camariñas A – EDM Malpica que tamén confirma como favoritos ós da costa para quedar primeiros nesta primeira fase.

O terceiro dos partidos foi o mais igualado e Caixanova Xiria A fíxose con 6 dos 8 puntos en xogo fronte o CEIP “Fogar”, ó final todos moderadamente satisfeitos, uns porque non se descolgan dos postos darriba e os outros porque eses 2 puntos permítenlle subir un posto na clasificación, alomenos ata que se disputen os encontros que están aprazados.

Esta semana , parón na competición, ata o día 17 de Abril , pero non no balonmán que ten unha importante cita estes días co “I Torneo Internacional Concello de Carballo”.

27/03/2004 3ª XORNADA

Dende ás 10 da mañá do Sabado 27 disputouse a terceira xornada da Competición alevín de balonmán. Asimesmo tamén se xogou un dos dous partidos aplazados da xornada anterior , o EDM Malpica – EDM Laracha. A victoria sonriu os rapaces do interior de Bergantiños , pese a perder o primeiro cuarto por unha diferencia de goles que facía presaxiar unha superioridade dos malpiquenses que logo non foi tal, pois nos tres seguintes tempos non poideron facer nada ante un equipo no que participaban muitos xogadores no xogo, mentras que o xogo dos da costa solo se basaba na potencia de Jacobo , que solamente buscou axuda nun acertado Miguel Dourado, desentendéndose da faceta defensiva e dos demáis compañeiros. O marcador final foi de Malpica 2 (16 goles) – Laracha 6 (20 goles).

XORNADA 3ª

1º Partido: Caixanova Xiria B 5 (20) – EDM Camariñas B 3 (11)

Fixeron ás delicias dos presentes os pequenos de ambos clubes , con un resultado a favor dos de Xiria que foi o de menos pois houbo, con excepción do último cuarto muita emoción e lanzamentos de todas ás facturas (especialmente un en caída de Martín Alfeirán, que foi anulado polo colexiado Señor Fraga, ante a sorpresa de todo o pavillón.

Destacar polo Xiria a Eduardo con 4 goles e unha vez mais a Jorge Bouzas que se coloca con outros 10 de 3º na tabla de goleadores. Polo Camariñas destacar o seu conxunto, no que marcaron ata 7 xogadores.

2º Partido: Caixanova Xiria C 8 (27) – EDM Laracha 0 (12)

Paseo militar do Xiria C con Cristian Benítez, Antía e de novo Katia (12 tantos) martilleando a portería de Laracha, especialmente no 1º e 4º parciales , e con Brais e Rene facendo o que podían diante do vendaval carballés. Destacar o porteiro do Xiria , José Luis que de seguir así vai plantar unha pica en Glasgow a favor do balonmán.

Liderato para o Caixanova C.

3º Partido: Caixanova Xiria A 2 (21) – EDM Camariñas 6 (36)

O partido mais esperado desta xornada carecíu de emoción pois os de Camariñas con unha boa defensa e un eficaz ataque aproveitaronse dos númerosos fallos do Xiria que empezou mui descentrado , perdendo ata catro saques de portería seguidos que terminaron de poñelos nerviosos , milloraron no 2º cuarto para volver ás andadas no terceiro e salvar os mobles no último. En resumen , indiscutible superioridade do EDM Camariñas que polo visto o sábado , e co permiso de Katia e compañía e o favorito do grupo, polo menos nesta primeira fase.

4º Partido: CEIP “Fogar” 6 (37) – EDM Malpica 2 (13)

Partido mui irregular, con demasiada dependencia da inspiración individual de algúns xogadores (a falta de Alberto Pombo , David Fontaiña 15 goles) . Mui superior o Fogar nos cuartos que ganóu, pero pouca imaxen de poder facer algo ante rivais de mais entidade . Malpica evidencia progresos si temos en conta que son un grupo que non empezou a traballar ata fai escasamente dous meses. Si por fin se pode dar continuidade o traballo de escola é posible que nun futuro próximo poidamos , pese a quen pese , disfrutar co xogo destes rapaces.

13/03/2004 1ª XORNADA

Este Sábado Justo Martínez, representante de Caixanova asistiu ó inicio da Competición de Deporte Escolar na que participarán rapaces de colexios de Carballo que se iniciaron na practica do balonmán gracias o convenio que a entidade bancaria firmou ca A.D.Xiria ó inicio do actual curso escolar. Nesta línea enmarcase tamén outro convenio firmado ca empresa Hierros Añón, o que sumado á posta en funcionamento de dúas escolas nos Concellos de Malpica e Laracha fai que esta especialidade deportiva continúe expandíndose na comarca de Bergantiños.

XORNADA 1ª

1º Partido : Caixanova Xiria C (35) 8 – EDM Malpica (4) 0

Os nenos de Malpica , novos na competición , non foron rivais para o Caixanova Xiria C que conseguiu vencer os catro cuartos e sumar os 8 puntos en xogo con moita facilidade. Destacaron polo Xiria Katia e Sara Morandeira con 9 e 11 goles respectivamente e polos malpicáns Jacobo (4 goles) e a boa actitude do conxunto durante todo o encontro.

2º Partido : CEIP Fogar (23) 4 – EDM Laracha (27) 4

Partido moito mais igualado que rematou cun reparto de puntos xusto e cunha diferencia de goles mínima a favor das EDM Laracha , quen pese a empezar gañando os dous primeiros cuartos non foron capaces de frear ó xogador do Fogar Alberto Pombo que con 20 goles doulle 4 puntos o seu equipo e púxose o fronte dos goleadores do grupo.

3º Partido :Caixanova Xiria A (42) 8 – EDM Camariñas B (6) 0

4º Partido : Caixanova Xiria B (14) 0 – EDM Camariñas A (55) 8

Os últimos partidos enfrontaron a maiores contra pequenos dos dous clubs de balonmán da zona. Como era de esperar tanto o Xiria A , como o Camariñas A terminaron derrotando con folgura os seus rivais , quen non obstante demostraron que van a dar moita guerra ó longo da competición e que en próximos anos van a pisar forte no balonmán de Bergantiños e a Costa da Morte.. Para que lles sirva de consolo ás derrotas sufridas destacar a Jorge Bouzas (9 goles) e Javier Rodríguez do Xiria B e a Angel e Carlos do Camariñas B.