Alevín Masculino – Tempada 2005-2006

O Caixanova Xiria A conseguiu un novo éxito ao facerse co Campionato Provincial Alevín Masculino, tras derrotar na fase final ao Bm. Riveira e ao Caixanova OAR. O torneo desenvolveuse no Pavillón do Colexio Tirso de Molina en Ferrol o pasado sábado 27 de maio.

O equipo carballés impúxose na semifinal disputada ás 12:15 h ao C.B. Riveira por un cómodo 8 – 0. O resultado por cuartos foi: 12 – 0, 11 – 1, 10- 1, 7 – 2.

En ningún momento inquedou o equipo do Barbanza ao cadro carballés que se amosou moi superior dende o pitido inicial ata o remate dun encontro que supuxo un mero trámite para os xogadores do Xiria.

·Caixanova Xiria A: Iván, Heitor (3), Eduardo (2), Damián, David (3), Jorge B. (7), Jorge V. (1), Javier (4), Martín (3), Luis I. (3), Alejandro (5), Miguel (3), Rubén (2), Luis G.
·C. B. Ribeira: Iván, José (1), Daniel (1), Jorge (1), Alexandre,Carlos, José M., Sergio (1), Andrés, Manuel, Miguel, David.
O colexiado Sr. Currás pasou desapercibido nun partido sen dificultades.

A final enfrontou, no mesmo escenario e as 17:15 horas, ao cadro carballés co Caixanova OAR, que derrotara na outra semifinal ao conxunto local, nunha repetición da final da fase intercomarcal disputada hai quince días, e na
que se repetiu o mesmo resultado de 6 – 2 a prol dos rapaces de Marcos Rodríguez. O resultado por cuartos foi: 4 – 4, 6 – 4, 6 – 6, 2 – 9.
O principal protagonista do choque foi a calor que se sufriu na instalación e que impediu a uns e a outros amosar o seu verdadeiro nivel. O encontro resultou, a pesar de este factor, moi entretido e disputado con dous
conxuntos que non estaban dispostos a ceder ata o pitido final e no que se deixaron ver detalles de calidade e bo xogo por ambos os dous bandos.

·Caixanova Xiria A: Iván, Heitor, Eduardo, Damián, David (11), Jorge B. (2), Jorge V. (1), Javier, Martín (3), Luis I. (4), Alejandro, Miguel (4), Rubén, Luis G.
·OAR Caixanova: Angel, Adrián (2), Martín, Alberto (3), Marcos (1), Sergio (1), Pablo(1), Gonzalo (5), Xacobe, Javier (3).
Os colexiados Srs. Soliño e Currás non influiron no resultado final repartindo con ecuanimidade acertos e erros.

05-06-ale-mas-pro

 

05-06-ale-loc-105-06-ale-loc2

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña