Plantilla
CAIXANOVA XIRIA A
Jorge
Martín Alfeirán
Rubén Anes
Eduardo
Carlos
Marcos
Julián
Martín Gómez
Noelia
Anna
Sara.
CAIXANOVA XIRIA B
Alejandro Varela
Javier Rodríguez
Luis
Ruben Gómez
Daniel
Javier Mecías
Iván
Alejandro Calvete
Florencia
María
Miguel
Clasificación
Crónicas
CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN
21/04/2007 CAIXANOVA XIRIA “A” 4 – CAIXANOVA XIRIA “B” 4
Caixanova Xiria “A”: Jorge (5), Martín Alfeirán (16), Rubén Anes (2), Eduardo (7), Carlos (4), Marcos (1), Julián (3), Martín Gómez, Noelia (4), Anna e Sara.
Caixanova Xiria “B”: Alejandro Varela (14), Javier Rodríguez (9), Luis (1), Ruben Gómez, Daniel (2), Javier Mecías (4), Iván (6), Alejandro Calvete, Florencia (2), María e Miguel ().
Resultado por cuartos:13 – 9, 7 – 8, 16 – 9, 6 – 12. (42 – 38) (4 – 4)
O encontro que decidía o título da competición Provincial Alevín rematou en táboas con dous períodos para cada equipo. O empate a catro puntos non modifica a clasificación co que se proclama coma campión o Caixanova Xiria “A” e o subcampionato é para o Caixanova Xiria “B”.
Partido igualado o disputado na tarde do sábado no Pavillón da Zona Escolar. Os dous equipos eran conscientes do que se xogaban e nos dous primeiros cuartos a igualdade foi a nota predominante. O terceiro período foi fundamental e nos derradeiros cinco minutos do mesmo os rapaces e rapazas do “A” romperon o partido logrando unha importante diferencia que lles outorgaba o título. Mais no cuarto tempo os xogadores do Caixanova Xiria “B” a pesar do golpe que acababan de levar non se deixaron ir e amosaron a súa mellor cara para devolverlles aos seus compañeiros un resultado semellante, demostrando a igualdade entre os dous conxuntos.
Felicidades aos dous equipos pola súa temporada e pola deportividade que amosaron, tanto no transcurso de todo o campionato coma no final dun transcendental encontro.
24/03/2007 CAIXANOVA XIRIA “B” 7 – LICEO LA PAZ 1
Caixanova Xiria: Alejandro Varela (10), Javier Rodríguez (16), Luis (7), Ruben Gómez (14), Daniel (), Javier Mecías (1), Iván (5), Alejandro Calvete (1), Florencia (), María (), Miguel ().
Resultado por cuartos: 17 – 5, 12 – 5, 10 – 10, 15 – 4. (54 – 24) (7 – 1)
O Caixanova Xiria “B” logrou redondear a actuación dos equipos alevíns vencendo ao Liceo La Paz por sete puntos a un na derradeira xornada da liga provincial alevín, co que dependendo dos resultados dos encontros aprazados vaise facer cunha das dúas primeiras prazas (en disputa co Caixanova Xiria “A”).
Bo encontro dos carballeses que xogaron un balonmán áxil e rápido, no que tras boas intervencións tanto da portería coma da defensa despregaban rápidos contraataques que remataban en cómodos lanzamentos. Soamente se pode poñer a pega de cinco minutos de pouca concentración no terceiro cuarto. No mesmo o cadro herculino púxose tres goles por riba faltando minuto e medio para acabar, mais o Xiria recuperouse e logrou empatar. No derradeiro tempo os xogadores carballeses non deron opcións ao seu rival.
24/03/2007 TARRIO 2 – CAIXANOVA XIRIA “A” 6
Caixanova Xiria: Jorge (14), Martín Alfeirán (8), Rubén Anes (7), Eduardo (9), Carlos (), Marcos (), Julián (8), Martín Gómez (2), Noelia (), Anna (), Sara ().
Resultado por cuartos: 2 – 13, 10 – 8, 1 – 14, 6 – 13. (19 – 48) (2 – 6)
O Caixanova Xiria “A” disputou o encontro aprazado ante o Tarrío acadando o triunfo por seis puntos a dous. O partido disputouse en Culleredo ao rematar a xornada correspondente a este fin de semana.
Os argumentos esgrimidos para acadar este resultado favorables foron os mesmos que no primeiro partido do día dos rapaces do Caixanova Xiria, defensa e rápidos contraataques. E de igual xeito houbo un tempo no que se esqueceron de defender co mesmo resultado, a imposibilidade de puntuar.
En resume, boa xornada para o cadro carballés que asegura unha das dúas primeiras prazas na táboa clasificatoria.
24/03/2007 E. M. CAMARIÑAS 2 – CAIXANOVA XIRIA “A” 6
Caixanova Xiria: Jorge (14), Martín Alfeirán (8), Rubén Anes (7), Eduardo (9), Carlos (), Marcos (), Julián (8), Martín Gómez (2), Noelia (), Anna (), Sara ().
Resultado por cuartos: 0 – 8, 6 – 10, 2 – 8, 13 – 9. (21 – 35) (2 – 6)
O Caixanova Xiria “A” tivo dobre confrontación esta fin de semana. No primeiro encontro enfrontáronse ao Camariñas, rematando con vitoria para os carballeses por seis a dous.
Doada vitoria por parte dos carballeses que só cederon o derradeiro cuarto por mor dos erros defensivos. O resto do encontro foi moi sinxelo, baseándose nunha pegañosa defensa que non permitía opcións cómodas de lanzamento, o que se complementou perfectamente ca colaboración en portería e rápidas transicións ofensivas que eran finalizadas con certeiros lanzamentos dende os cinco metros.
Moi boa a imaxe dos rapaces do Caixanova Xiria que fixeron un xogo práctico e efectivo no que todos os seus compoñentes puxeron o seu grao de area.
17/03/2007 CAIXANOVA XIRIA “A” 8 – AS PAXARIÑAS 0
Caixanova Xiria: Jorge (4), Martín Alfeirán (10), Rubén Anes (9), Eduardo (15), Carlos (), Marcos (2), Julián (7), Martín Gómez (), Noelia (), Anna (), Sara ().
Resultado por cuartos: 14 – 2, 13 – 8, 13 – 4, 7 – 4. (47 – 18) (8 – 0)
O Caixanova Xiria “A” acadou unha nova vitoria, desta volta de xeito contundente, ante o equipo As Paxariñas de Culleredo.
Dende o primeiro cuarto veuse ben ás claras a diferenza entre os dous conxuntos. Os parciais favorables en todos os cuartos debeuse en boa parte ao traballo defensivo en colaboración co porteiro, que se traducía en sinxelas situacións de ataque en lanzamentos en accións ofensivas rápidas.
Só no derradeiro cuarto baixou un pouco o rendemento dos xoves xogadores carballeses –demasiados erros de lanzamento- pero nos instantes finais volveron a subir o nivel exposto na cancha e acadaron os dous puntos.
17/03/2007 CAIXANOVA XIRIA “B” 6 – EPAAT OLEIROS 2
Caixanova Xiria: Alejandro Varela (12), Javier Rodríguez (10), Luis (8), Ruben Gómez (4), Daniel (1), Javier Mecías (), Iván (1), Alejandro Calvete (1), Florencia (), María (), Miguel (1).
Resultado por cuartos: 13 – 5, 10 – 4, 6 – 7, 8 – 6. (37 – 22) (6 – 2)
O Caixanova Xiria “B” disputou o partido aprazado da 4ª xornada da liga provincial alevín ante o Oleiros acadando unha traballada vitoria por seis puntos a dous.
Os dous primeiros tempos amosouse moi superior o conxunto carballés, que tivo un moi bo equilibrio entre ataque e defensa o que propiciaba continúas situación de lanzamento de seis metros e no plano defensivo sempre lograban situacións de axudas que impedían ao Oleiros acadar facilidades para marcar gol. Mais non estivo regular o cadro carballés no rendemento de cara a portería rival e iso pagouno no terceiro e cuarto tempo, empatando un e gañando o outro con moitos apuros.
10/03/2007 CAIXANOVA OAR 2 – CAIXANOVA XIRIA “A” 6
Caixanova Xiria: Jorge (), Martín Alfeirán (13), Rubén Anes (5), Eduardo (4), Carlos (), Marcos (), Julián (2), Martín Gómez (3), Noelia (), Anna (), Sara (1).
Resultado por cuartos: 6 – 9, 5 – 9, 1 – 6, 6 – 4. (18 – 28) (2 – 6)
O Caixanova Xiria “A” levouse a vitoria no partido que disputou este sábado ante o OAR da Coruña por seis puntos a dous, sobrepoñéndose ás baixas de última hora de dous dos seus xogadores.
O choque, agás o primeiro cuarto, estivo marcado polo dominio das defensas e as boas actuacións dos porteiros dos dous equipos, que impediron, as primeiras lanzamentos cómodos e os segundos goles en situacións difíciles para os xogadores de campo.
O máis positivo foi que xogadores habituados a un papel secundario van pouco a pouco tomando responsabilidades e aportando cousas moi importantes ao conxunto.
10/03/2007 VALLE INCLAN 2 (29) – CAIXANOVA XIRIA “B” 6 (45)
Caixanova Xiria: Alejandro Varela (11), Javier Rodríguez (10), Luis (), Ruben Gómez (16), Daniel (1), Javier Mecías (3), Iván (1), Alejandro Calvete (), Florencia (2), María (), Miguel (1).
Resultado por cuartos: 6 – 12, 8 – 13, 11 – 10, 4 – 10. (29 – 45) (2 – 6)
O Caixanova Xiria “B” xogou en Carballo a 7ª xornada da liga Provincial Alevín en partido que o enfrontaba ao Valle Inclán e no que acadou a vitoria logo de imporse en tres dos catro períodos.
Ao contrario dos seus compañeiros do “A”, os compoñentes do Caixanova Xiria “B” estiveron moito máis centrados nas labouras ofensivas. Faltoulle defensa, non así intervencións en portería, para poder levar o partido de forma máis cómoda.
03/03/2007 CAIXANOVA XIRIA “A” 8 (35) – EPAAT OLEIROS 0 (21)
Caixanova Xiria: Jorge (11), Martín Alfeirán (6), Rubén Anes (4), Eduardo (6), Carlos (-), Marcos (2), Julián (4), Martín Gómez (2), Noelia (-), Anna (-), Sara (-).
Resultado por cuartos: 12 – 5, 7 – 5, 8 – 5, 8 – 6. (35- 21) (8 – 0)
O Caixanova Xiria “A” logrou os oito puntos en xogo no partido que o enfrontou ao Oleiros en partido da liga provincial alevín que se disputou o sábado no Pavillón San Francisco Javier de A Coruña.
Comezou moi forte o equipo carballés que non tivo problemas para conseguir os dous puntos no primeiro cuarto. Non foi así non seguintes, que tiveron coma nota predominante a igualdade entre os dous equipos e no que non estiveron demasiados atinados de cara a portería os xogadores do Caixanova, mais o funcionamento en defensa e portería foi vital para acadar un resultado favorable.
03/03/2007 CAIXANOVA XIRIA “B” 8 (37) – E. M. CAMARIÑAS 0 (19)
Caixanova Xiria: Alejandro Varela (-), Javier Rodríguez (12), Luis (7), Ruben Gómez (10), Daniel (2), Javier Mecías (4), Iván (1), Alejandro Calvete (-), Florencia (1), María (-), Miguel (-).
Resultado por cuartos: 12 – 7, 9 – 4, 7 – 2, 9 – 6. (37 – 19) (8 – 0)
O Caixanova Xiria “B” impúxose ao E. M. Camariñas conseguindo os oito puntos en xogo no partido que disputou no Pavillón San Francisco Javier (A Coruña) na 6ª Xornada do Campionato Provincial Alevín.
Os tres primeiros cuartos foron de mais a menos no apartado ofensivo por parte dos carballeses, que non atopaban portería con facilidade pero si estaban moi centrados na faceta defensiva acompañados polo bo facer dos porteiros. O derradeiro cuarto estivo moi igualado, caendo finalmente do lado do conxunto carballés que confiou máis nas súas opcións de vitoria.
Cabe destacar que tivo que facer fronte á baixa por enfermidade de dous dos seus xogadores.
24/02/2007 AS PAXARIÑAS 0 (17) – CAIXANOVA XIRIA “B” 8 (48)
Caixanova Xiria: Alejandro Varela (12), Javier Rodríguez (9), Luis (10), Ruben Gómez (9), Daniel (2), Javier Mecías (), Iván (4), Alejandro Calvete (2), Florencia, María (), Miguel ().
Resultado por cuartos: 4 – 13, 6 – 15, 5 – 11, 2 – 9. (17 – 48) (0 – 8)
O Caixanova Xiria “B” conseguiu os oito puntos en xogo no partido que disputou ante As Paxariñas na 5ª Xornada do Campionato Provincial Alevín que se disputou en Oleiros.
Dende o inicio o cadro carballés estivo moi concentrado no partido, non cometendo erros e aproveitando calquera imprecisión do seu rival que se tornaba en goles fáciles, todo isto a pesar de chegar ao Pavillón Valle Inclán co tempo xusto para cambiarse e saltar á pista a disputar o encontro.
Só se pode poñer a pega dos lanzamentos anulados por pisar o área. De non cometer estes erros o marcador final sería máis abultado.
10/02/2007 CAIXANOVA XIRIA “B” 6 (36) – CAIXANOVA OAR 2 (15)
Caixanova Xiria B: Alejandro Varela (12), Javier Rodríguez (10), Luis (), Ruben Gómez (), Daniel (3), Javier Mecías (2), Iván (4), Alejandro Calvete (2), Florencia (3), María (), Miguel ().
Resultado por cuartos: 4 – 5, 13 – 5, 12 – 2, 7 – 3. (36 – 15) (6 – 2)
O Caixanova Xiria “B” acadou un resultado favorable de 6 puntos a 2 ante o Caixanova OAR en partido correspondente á 4ª xornada da liga provincial alevín disputada en Carballo.
Comezou moi frío o conxunto carballés cometendo moitas imprecisións no pase que aproveitaron os xogadores do OAR para marcar goles fáciles que sentenciaron o primeiro cuarto ao seu favor.
A partir deste intre o Xiria despregou o seu xogo habitual e o conxunto visitante quedou sen posibilidade de resposta ata o final do encontro, impoñéndose nos seguintes tres tempos de xeito moi claro.
03/02/2007 CAIXANOVA XIRIA “A” 8 (60) – LICEO LA PAZ 0 (15)
Caixanova Xiria: Jorge (17), Martin Alfeirán (17), Rubén Anes (5), Eduardo (11), Carlos, Marcos, Julián (7), Martín Gómez, Noelia (2), Anna, Sara (1).
Resultado por cuartos: 20 – 2, 20 – 3,11 – 7, 9 – 5. (8– 0) (60 – 15)
O Caixanova Xiria “A” impúxose con autoridade na terceira xornada da liga provincial alevín disputada en Camariñas tras anotarse os catro períodos do partido que o enfrontou ao Liceo La Paz.
Non deixaron dúbida ningunha os xogadores carballeses da diferenza entre os dous conxuntos, que se plasmou na pista e no resultado final. A destacar a facilidade anotadora dos xogadores do Caixanova e a aportación en portería de Carlos, Marcos e Jorge que correxiron a perfección os poucos erros dos seus compañeiros na faceta defensiva.
31/12/2006 TORNEO LAVADORES
1º e 3º posto para os equipos alevíns Caixanova Xiria no “VII Torneo de Nadal Lavadores”
Os equipos alevíns Caixanova Xiria A e B participaron no “VII Torneo de Nadal Lavadores” que tivo lugar en Vigo o día 28 de decembro, alzándose o Caixanova Xiria B co título.
A competición desenvolveuse en dous grupos de nove equipos que se enfrontaban nunha liga a unha soa volta para logo emparellarse co mesmo clasificado do outro grupo.
Os participantes foron: Maristas, Lavadores A, Lavadores B, Frián, Carballal, Octavio A, Octavio B, Salceda, Guardés, Sar A, Sar B, Sar C, Seis do Nadal A, Seis do Nadal B, Rasoeiro A, Rasoeiro B, Caixanova Xiria A e Caixanova Xiria B.
Na liguilla clasificatoria os equipos carballeses non perderon ningún encontro cedendo tan un só un empate o Caixanova Xiria A que lle impediu optar o primeiro posto, por mor da diferenza de goles que beneficiou o equipo local, Lavadores A.
Na disputa do terceiro posto o Caixanova Xiria A superou ao Sar B. E no partido que decidía o campión o Caixanova Xiria B impúxose ao Lavadores A.