Infantil Femenino – Tempada 2006-2007

Ver todas as novas deste equipo >>

Plantilla

06-07-inf-fem-p`la

Resultados e clasificación

06-07-inf-fem-res

06-07-inf-fem-cla

 Crónicas

08/05/2007 RESUMO FASE FINAL CAMPIONATO GALEGO INFANTIL FEM.

O Delicatessen D-vicio Xiria rematou na 4ª posición no Campionato Galego Infantil Femenino, disputado a pasada fin de semana na localidade pontevedresa de Poio, tras caer derrotado na loita polo terceiro e cuarto posto fronte ao Bm Narón por 14-24.

O equipo carballés, que dirixe Toni García, acusou en exceso o seu número limitado de xogadoras, oito en total, e a súa menor envergadura, o que provocou tras tres partidos consecutivos unha considerable merma na condición física do equipo.

Na primeira xornada as carballesas derrotaron á Escola Municipal de Balonmán de Lugo por 18-9, o que xa lles garantía loitar como mínimo polo terceiro posto, e na segunda xornada caeron derrotadas por 8-23 ante á SAR, evidenciando a diferenza de nivel que hai fronte aos equipos do sur que teñen máis rodaxe cunha competición moito máis dura.

Aínda así a disputa deste campionato era un premio para o equipo tras a consecución do titulo territorial e o obxectivo primordial do club era que as rapazas disfrutaran do balonmán neste campionato e que se engancharan máis a este deporte e ese obxectivo cumpriuse á perfección. O Delicatessen D-vicio aínda ten a opción de acadar un novo exito conseguindo o titulo de copa territorial, para o cal as de Carballo deberán alomenos acadar un empate na pista do Bm. Narón, nun encontro que aínda está por determinar cando se xogará.