Benxamín – Tempada 2007-2008

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN

Durante todo o día do vindeiro sábado, 24 de maio, celebrarase na Coruña, Pavillón de San Francisco Xabier a Fase Final do Campionato Provincial Benxamín. Tomarán parte 6 equipos divididos en 2 grupos de 3 equipos cada un que se enfrontarán entre eles por sistema de liguilla a unha soa volta. Os dous primeiros de cada grupo disputarán as semifinais cruzadas. Salientar que o Xiria será o único club que conseguiu meter a dous dos seus equipos nesta fase final na que tomarán parte o Caixanova Xiria A e o Caixanova Xiria B. Durante a mañá disputarase a fase de grupos para despois dar paso ás semifinais e final.
Os grupos están distruibuidos da seguinte maneira:
– Grupo A: Caixanova OAR, Caixanova Xiria B, Obradoiro A.
– Grupo B: Bm Oleiros A, EM Camariñas, Caixanova Xiria A.


De vergoñenta debemos tratar á organización do Campionato Provincial Benxamín. Temos que unir ao acontecido na categoría alevín a non presenza de dous dos equipos clasificados para a disputa desta fase final na categoría benxamín, Bm Camariñas e Obradoiro, e a pouca agudeza da organización para tratar de arranxar este feito.
No plano estritamente deportivo cabe subliñar que os equipos carballeses chegaron, ao igual que os dous representantes da zona da Coruña, ás semifinais despois de xogar un partido que carecía de importancia competitiva pois xa estaban todos clasificados polas ausencias antes citadas. Os cruces en semifinais quedaron do seguinte xeito: Caixanova Xiria A – Caixanova Xiria B e OAR – Bm Oleiros
Na primeira das semifinais imporíase o Caixanova Xiria A, devolvendo deste xeito aos seus compañeiros do Caixanova Xiria B o resultado que se deu a semana pasada no Trofeo Cidade da Coruña, dun xeito contundente aos seus compañeiros de club. Pola outra banda o Bm Oleiros daba boa conta do OAR e clasificábase para a final.
O Caixanova Xiria B acadou finalmente o terceiro posto pechando deste xeito unha boa campaña que esperamos teña continuidade en anos vindeiros.
A final foi un monólogo por parte do Caixanova Xiria A que marcou diferenzas importantes en todos os cuartos ante un rival que nada puido facer ante o bo xogo despregado por parte dos carballeses que foron crecendo de menos a máis ao longo da competición.
20/05/2008
TORNEO CAIXANOVA CIDADE DA CORUÑA ALEVÍN E BENXAMÍN
A pasada fin de semana disputábase no Pavillón de San Francisco Xabier da Coruña o Torneo Caixanova Cidade da Coruña nas categorías alevín e benxamín.

Na categoría benxamín sucedeu outro tanto, aínda que nesta ocasión o equipo carballés perdeu a final fronte ao OAR, rematando o Caixanova Xiria A na segunda posición e o Caixanova Xiria B na terceira.