Plantilla
AFRICLIBER XIRIA
Andrés Barca Expósito |
Daniel Buño Ares |
Francisco Javier Corral Pose |
Cristina Fuentes Lorenzo |
Raúl García Seoane |
Enrique Pena Pensado |
José Pereira Rodríguez |
Manuel Rodríguez Bello |
CAIXANOVA XIRIA
Iván Calvo Santos |
Iván Campos Varela |
Gabriel Castiñeiras Trigo |
Patricia Cotelo Romero |
Antón Díaz Sánchez |
José Eiroa Facal |
Borja Fuentes Taibo |
Daniel García Veira |
PUNTA DEL ESTE XIRIA
Blanca Arán Pose |
Jorge Brandón Carracedo |
Alejandro Figueroa Santos |
Diego Gago Fuentes |
Gabriel Nogales Rabuñal |
Manuel Rial Verdía |
Borja Rodríguez González |
Pablo Rodríguez Suárez |
Resultados e clasificación
CAMPIONATO TERRITORIAL ALEVÍN
Na categoría alevín, aínda que faltan por disputarse algúns encontros aprazados, o Caixanova Xiria acada o título logo de sumar 7 vitorias e tan só unha derrota nos oito partidos disputados. Ademais os outros dous equipos do Xiria, club que é o que maior representación presentaba, o Africliber Xiria e o Punta del Este Xiria, ocupan a 2ª e 3ª posición respectivamente, aínda que poderían perder un posto dependendo dos resultados do OAR A que ten dous partidos pendentes de disputar.
XORNADA 1 – 10/01/2009 | ORGANIZADOR: BM. PONTEDEUME | |
Africliber Xiria | Caixanova Xiria | 1 – 7 (33-41) |
Bm Oleiros A | Punta del Este Xiria | 2 – 6 (26-40) |
Caixanova OAR B | EM Camariñas | |
Bm Pontedeume.es | Bm Oleiros B | |
Descansa: Caixanova OAR A | ||
XORNADA 2 – 24/01/2009 | ORGANIZADOR: E.M. CAMARIÑAS | |
Punta del Este Xiria | Africliber Xiria | 6 – 2 |
EM Camariñas | Bm Oleiros A | |
Bm Oleiros B | Caixanova OAR B | |
Caixanova OAR A | Bm Pontedeume.es | |
Descansa: Caixanova Xiria | ||
XORNADA 3 – 07/02/2009 | ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA | |
Caixanova Xiria | Punta del Este Xiria | 5 – 3 (30-18) |
Africliber Xiria | EM Camariñas | 8 – 0 (51-9) |
Bm Oleiros A | Bm Oleiros B | |
Caixanova OAR B | Caixanova OAR A | |
Descansa: Bm Pontedeume.es | ||
XORNADA 4 – 28/02/2009 | ORGANIZADOR: BM. ÁRTABRO | |
EM Camariñas | Caixanova Xiria | |
Bm Oleiros B | Africliber Xiria | 2 – 6 (36-51) |
Caixanova OAR A | Bm Oleiros A | |
Bm Pontedeume.es | Caixanova OAR B | |
Descansa: Punta del Este Xiria | ||
XORNADA 5 – 15/03/2009 | ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA | |
Punta del Este Xiria | EM Camariñas | |
Caixanova Xiria | Bm Oleiros B | 6 – 2 (43-32) |
Africliber Xiria | Caixanova OAR A | 4 – 4 (31-36) |
Bm Oleiros A | Bm Pontedeume.es | 8 – 0 (-) |
Descansa: Caixanova OAR B | ||
XORNADA 6 – 28/03/2009 | ORGANIZADOR: O.A.R. CIUDAD 1952 | |
Bm Oleiros B | Punta del Este Xiria | |
Caixanova OAR A | Caixanova Xiria | |
Bm Pontedeume.es | Africliber Xiria | |
Caixanova OAR B | Bm Oleiros A | |
Descansa: EM Camariñas | ||
XORNADA 7 – 26/04/2009 | ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA | |
EM Camariñas | Bm Oleiros B | |
Punta del Este Xiria | Caixanova OAR A | |
Caixanova Xiria | Bm Pontedeume.es | |
Africliber Xiria | Caixanova OAR B | |
Descansa: Bm Oleiros A | ||
XORNADA 8 – 16/05/2009 | ORGANIZADOR: BM. ÁRTABRO | |
Caixanova OAR A | EM Camariñas | |
Bm Pontedeume.es | Punta del Este Xiria | 0 – 8 |
Caixanova OAR B | Caixanova Xiria | 0 – 8 |
Bm Oleiros A | Africliber Xiria | 0 – 8 |
Descansa: Bm Oleiros B | ||
XORNADA 9 – 30/05/2009 | ORGANIZADOR: ESC. BM. XIRIA | |
Bm Oleiros B | Caixanova OAR A | 3 – 5 |
EM Camariñas | Bm Pontedeume.es | |
Punta del Este Xiria | Caixanova OAR B | 0 – 8 |
Caixanova Xiria | Bm Oleiros A | 6 – 2 |
Descansa: Africliber Xiria |
Crónicas
XORNADA 5 (Sede: Carballo)
14/03/2009 AFRICLIBER XIRIA 4 – CAIXANOVA OAR 4
Africliber Xiria 4: Francisco (1), José (1), Manuel, Andrés (2), Enrique (14), Raul (13), Daniel.
Caixanova OAR 4: Daniel (5), Diego (7), Marcos (3), Gonzalo (3), Carlos (10), Francisco (2), Nacho (6), Manuel.
Colexiados: Sr. Puñal.
Parciais: 13-14, 7-6, 7-6, 4-10. (31-36)
Quinta xornada da liga provincial alevín mixta que se disputou no Pavillón da Zona Escolar de Carballo ante un numeroso público dos diferentes equipos que se desprazaron á capital de bergantiños na maña do sábado. O partido comezou tarde xa que os xogadores do OAR, como ven sendo habitual, chegaron ao Pavillón ás 10:35 cando a hora e inicio estaba marcada ás 10:30.
O partido resultou moi igualado e disputado ofrecendo un bo espectáculo. Os dous equipos esgrimiron as súas armas, por unha parte o xogo rápido e a defensa presionante por parte dos carballeses mentres os xogadores do OAR trataron de impoñer a súa maior fortaleza e antropometría, chegando a defender os catro xogadores na súa liña de seis metros, feito prohibido polo regulamento da competición de minibalonmán e motivo polo que lograron unha ampla diferenza no derradeiro cuarto. Pero a pesar deste feito os xogadores carballeses non deixaron de pelexar no encontro e tratar de superar ao seu rival independentemente da diferenza no marcador.
14/03/2009 PUNTA DEL ESTE XIRIA – EM CAMARIÑAS
Caixanova Xiria –: Diego, Manuel, Gabriel, Jorge, Alex, Blanca, Pablo, Borja, Noelia
E. M. Camariñas –:
Colexiados: Sr. Rial
Parciais:
O partido da quinta xornada alevín da liga provincial que tiña que disputarse no Pavillón da Zona Escolar de Carballo non se chegou a xogar pola INCOMPARECENCIA da EM Camariñas, feito que se produce por segunda vez consecutiva nesta competición. Unha mágoa que os rapaces tanto dun coma doutro equipo non poidan ter a oportunidade de practicar o deporte ao que lle adican moitas horas ao longo do ano por feitos alleos ao club organizador desta xornada, as Escolas Balonmán Xiria.
14/03/2009 CAIXANOVA XIRIA 6 – BM OLEIROS “B” 2
Caixanova Xiria 6: Iván Calvo, Borja (1), José, Antón, Gabriel (6), Daniel (5), Iván Campos (25)
Bm. Oleiros “B” 2: Roberto (2), Sara, Lucas (1), Jorge (8), Rubén (23).
Colexiados: Sr. Puñal.
Parciais: 8-5, 14-10, 7-12, 14-5 (43- 32)
O partido entre o Caixanova Xiria e o Bm. Oleiros estivo marcado polo “enfrontamento” anotador entre Iván, por parte carballesa, e Rubén, por parte visitante. Mais é ben certo que as accións dos dous de lanzamentos eran froito do xogo dos seus compañeiros que lles daban opcións claras de lanzamento co seu xogo sen balón e pases acertados. Tampouco estiveron desatinados os porteiros dos dous equipos que parecían lle tiñan collida a medida aos outros compoñentes dos dous equipos que non eran capaces de acadar goles en situacións moi cómodas.
O partido decidiuse polas opcións de cambio de xogadores por parte carballesa que impuxo un ritmo de xogo moito máis alto que o seu rival neste encontro, xa que os visitantes chegaron á Zona Escolar sen xogadores de recambio e acabárono pagando nun derradeiro cuarto moi favorable aos xogadores do Xiria.
XORNADA 4 (Sede: Pontedeume)
28/02/2009 BM OLEIROS “B” 2 – AFRICLIBER XIRIA 6
Bm. Oleiros “B” 2 (36): Sara, Steven, Antón, Pablo, Rubén, Jorge, Javier.
Africliber Xiria 6 (51): Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.
Colexiados: Sr. Brais Puñal, cumpriu coa súa labor.
Parciais: 5–10, 9–14, 12–17, 12–10. (36 – 51)
Partido pertencente á 4ª xornada da Liga Territorial Alevín disputado no Pavillón Municipal da Casqueira en Pontedeume e que tivo unha clara cor carballesa nos dous primeiros cuartos, nos que o Africliber quixo e soubo frear aos rapaces do Balonmán Oleiros a través dunha defensa intensa que recuperaba balóns e permitía situacións rápidas e cómodas de lanzamento que non eran desaproveitados.
No terceiro cuarto mudou a actitude dos dous equipos, que se esqueceron de defender e o ceñiron todo aos ataques, xa que houbo momentos nos que parecía que se xogaba cun balón para cada equipo e que con lanzar á portería contraria xa era suficiente. Neste intercambio, de novo saíu mellor parado o equipo do Africliber que se anotaba dous novos puntos. Todo cambiou no derradeiro cuarto no que as gañas de conseguir puntuar levou ao Oleiros a ser máis agresivo no seu xogo mentres os carballeses esquecían as armas que lle permitiran controlar os dous primeiros cuartos e o resultado deste derradeiro cuarto foi favorable a quen mellor xogou ese tempo.
XORNADA 3 (Sede: Carballo)
07/02/2009 CAIXANOVA XIRIA 5 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 3
Caixanova Xiria 5: Diego, Manuel, Gabriel, Jorge, Alex, Blanca, Pablo, Borja, Noelia
Punta del Este Xiria 3: Blanca, Pablo, Alejandro, Diego, Gabriel, Jorge, Manuel, Borja.
Colexiados: Sr. Martín Rial, fixo un bo labor.
Parciais: 5 – 5, 11 – 2, 6 – 8, 8 – 3. (30 – 18)
Partido entre dous dos conxuntos que presentan na competición territorial alevín as Escolas Balonmán Xiria e que deparou un entretido encontro nos que uns e outros intentaron amosar as súas mellores cualidades para levarse os puntos en xogo no encontro.
Igualdade dende o inicio tan só rota no segundo cuarto onde o total desacerto dos lanzadores do Punta del Este, desta volta equipo visitante, puxo en bandexa os puntos para os seus rivais, no día de hoxe, do Caixanova. O terceiro cuarto retomou a igualdade e só se decidiu nos trinta segundos finais cun par de boas actuacións do gardameta do cadro visitante.
Finalmente o maior acerto cara á portería por parte dos compoñentes do Caixanova foi determinante para acadar a victoria, logo dun derradeiro cuarto moito máis disputado do que parece por mor do resultado de 8 – 3, acadado nos últimos dous minutos ante as presas dos xoves xogadores do Punta del Este.
07/02/2009 AFRICLIBER XIRIA 8 – EM CAMARIÑAS 0
Africliber Xiria 8: Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.
E M Camariñas 0: Sara, Karen, Yuli, Ismael, Daniel, Javier, Pablo
Colexiados: Sr. Brais Puñal, cumpriu co seu labor.
Parciais: 9 – 1, 8 – 3, 18 – 4, 16 – 1 (51 – 9)
A diferenza que reflicte o marcador final foi a mesma que se viu no terreo de xogo ao longo dos catros cuartos que se disputaron no Pavillón do CEIP Fogar namañá do pasado sábado. En ningún momento deu sensación o grupo de rapazas e rapaces de Camariñas de ter opcións de acadar un resultado positivo, pois ás diferencias físicas e antropométricas únese tamén un maior tempo de práctica do deporte do balonmán por parte dos carballeses.
Destacar as gañas que puxeron uns e os outros durante os corenta minutos de xogo e a deportividade coa que se empregaron.
XORNADA 1 (Sede: Pontedeume)
10/01/2009 AFRICLIBER XIRIA 1 – CAIXANOVA XIRIA 7
Africliber Xiria 1: Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.
Caixanova Xiria 7: Daniel, Gabriel, Antón, Iván Calvo, Iván Santos
Colexiados: Srs. Abeledo, cumpriu ca súa labor.
Parciais: 8 – 13, 8 – 9, 8 – 8, 9 – 11. (33 – 41)
Iniciouse o campionato provincial na categoría alevín mixta que se xoga na modalidade de minibalonmán e polo sistema de concentración, cada xornada xóganse nunha determinada sede todos os partidos desa xornada. Nesta primeira xornada disputada no pavillón da Casqueira en Pontedeume deparou o enfrontamento entre dous dos tres equipos que pon en liza as Escolas Balonmán Xiria.
Iniciou o encontro de xeito máis centrado o conxunto do Caixanova Xiria levándose con claridade e dun modo bastante sinxelo o primeiro cuarto. A maior concentración dos seus xogadores transformábase en lanzamentos cómodos tras recuperacións de balóns. Este feito pasoulle factura ao Africliber ao longo de todo o encontro no que foi a remolque dos seus compañeiros que estiveron máis atinados. A destacar a aportación na portería de Iván Calvo que foi un pesadelo para os seus compañeiros de adestramento.
10/01/2009 BM OLEIROS A 2 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 6
Bm Oleiros 2: Francisco, José, Manuel, Andrés, Enrique, Raul, Daniel.
Caixanova Xiria 6: Diego, Manuel, Gabriel, Jorge, Alex, Blanca, Pablo, Borja, Noelia
Colexiados: Srs. Abeledo, cumpriu ca súa labor.
Parciais: 5 – 12, 9 – 7, 5 – 12, 7 – 9. (26 – 40)
Tamén xogou en Pontedeume o Punta del Este Xiria no inicio da liga provincial marcado pola baixa temperatura que fixo que as rapazas e rapaces tardasen moito en entrar nos partidos.
Comezou moi forte o Xiria que baseándose nunha forte defensa coa que conseguía recuperar balóns que se transformaban en lanzamentos dende os seis metros sen máis oposición que o porteiro. Sen embargo no segundo cuarto cambiáronse os papeis e só a boa actuación do porteiro carballés privou ao Oleiros dunha máis ampla vitoria.
De volta do descanso veuse a mellor cara do Punta del Este, cos seus xogadores moi centrados en todas as facetas e só o desatino nos momentos finais do cuarto fixo que o Bm. Oleiros maquillase o marcador. Pero no derradeiro cuarto caeu en moitos erros de pase e recepción –situación que contaxiou aos rivais- e só o acerto de cara á portería no derradeiro minuto fixo caer os dous puntos para os carballeses.
No plano individual destacar a Diego que amosou o que pode facer cando está centrado no xogo coma no día de hoxe.