Benxamín – Tempada 2008-2009

Plantilla

ADESTRADOR:   Bruno López Molina

AFRICLIBER XIRIA

_MG_6634

Roi Adrián Alfeirán Villar
Pablo Cambón Pérez
Daniel Alejandro Feijoo Piedrafita
Adrián Iglesias Pacoret
Mario Lema Álvarez
Diego Morandeira Seijas
Pedro Pereira Rodríguez
Alba Rodríguez Pombo

 

ASESORÍA SUEIRO XIRIA

_MG_6632

Ronaldo José Durán Sempertegui
Roi Lois Rodríguez
Cristopher Luís Pacheco Sempertegui
Sergio Pombo Cruz
Andy Rey Lagoa
Xoan Toja Mariño
Paula Trillo Arijón
Andrés Vila Carracedo

 

PUNTA DEL ESTE XIRIA

_MG_6631

Sergio Álvarez Varela
Simón Díaz Sánchez
David García Lema
Lois López Castelo
Antonio Mato Gómez
Juan Carlos Rodríguez Ortiz
Eduardo Souto Barca
Manuel Souto Veira

Resultados e clasificacións

Na categoría benxamín, da que resta unha xornada por disputarse, os tres equipos do Xiria copan as primeiras posicións. O Punta del Este Xiria consigue facerse co título, mentres que os outros dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria, o Africliber Xiria e o Asesoría Sueiro Xiria ocuparán a 2ª e 3ª posición final, aínda que a orde na clasificación destes dous equipos podería variar dependendo dos resultados da derradeira xornada.

08-09-ben

Crónicas

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMÍN MIXTO

16/05/2009 PUNTA DEL ESTE XIRIA 5 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 3

Punta del Este Xiria: Manuel, Juanca, Antonio, Simón, Edu, Lois, Sergio Álvarez

Asesoría Sueiro Xiria: Diego, Alba, Daniel, Pablo, Mario, Roi, Pedro.

Colexiados: Sr. Daniel Mata, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 9 – 6, 9 – 9, 14 – 6, 8– 9. ( 40 – 30 )
Ésta fin de semana disputouse a 8ª xornada do Campionato Territorial Benxamín Mixto, e deparounos un dos enfrontamentos máis emocionantes de toda a tempada. O Punta del Este Xiria tiña que manter o liderato ante o Asesría Sueiro Xiria, outro dos equipos fortes da categoría. O partido comezou con moitos despistes defensivos por parte do Asesoría Sueiro, feito apoveitado polo seu rival que con numerosos roubos de balón e rápidas transicións acadaron perforar en nove ocasións a portería defendida por Ronaldo. O segundo cuarto foi totalmente distinto, a boa defensa de Andrés sobre Juanca e o acerto ofensivo de Xoán fixeron que Asesoría Sueiro acadase unha vantaxe de 8 – 5, pero os erros de lanzamento e o execeso de confianza provocaron que o Punta del Este reaccionase no derradeiro minuto acadando o gol do empate case sobre a bocina.
No terceiro cuarto o Punta del Éste saíu concienciado e coa idea clara de sentenciar o encontro. Deste xeito impúxolle un importante correctivo ao Aseoría Sueiro Xiria ( 14 – 6 ), tan só Cristopher e Andrés eran quen de marcar na portería de Antonio, e en labores defensivas non foron os mellores momentos dos do Asesoría Sueiro. Viraron as tornas no derradeiro cuarto no que os do Asesoría Sueiro sairon sen presión e desplegaron o seu mellor xogo, sen baixar nunca a intensidade e sen prácticamente uso do bote chegaron a un final de infarto no que o que cometeu menos erros de lanzamento foi o gañador.
O Asesoría Sueiro Xiria contou coa baixa de Paula para disputar éste encontro, por mor dunha lesión nun nocello e Sergio Pombo atopábase con molestias na espalda.

16/05/2009 CAIXANOVA OAR 0 – AFRICLIBER XIRIA 8

Africliber Xiria: Diego, Alba, Daniel, Pablo, Mario, Roi, Pedro.

Caixanova OAR :

Colexiados: Sr. Daniel Mata, cumpriu coa súa labor.

Parciais: ( 0 – 8 )

O equipo do OAR non se presentou a disputar o encontro sen xustificación ningunha.

XORNADA 5 (Sede: Carballo)

14/03/2009 PUNTA DEL ESTE XIRIA 6 – CAIXANOVA OAR 2

Punta del Este Xiria: Manuel, Juanca, Antonio, Edu, Lois, Sergio Álvarez, Simón.

Caixanova OAR: Jorge, Manuel, Aresi, Carlos, Pablo, Darío.

Colexiados: Sr. Martín Rial, cumpriu coa súa labor..

Parciais: 18 – 8, 8 – 4, 5 – 11, 11 – 9. ( 42 – 32 )

O prato forte da cuarta xornada da liga provincial benxamín foi o encontro que disputaron o Punta del Este Xiria e o Caixanova OAR. Os dous equipos ocupan a parte alta da táboa, polo tanto os puntos presentábanse importantísimos para ambos conxuntos.

O Punta del Este saíu a por todas, cunha intensidade defensiva que provocou o bloqueo dos coruñeses; as recuperación de balón propiciaron rápidas transicións dos de Carballo que, sobre todo Juanca (o xogador máis sobresaínte do encontro), convertía en gol, e deste modo chegamos ao final do primeriro tempo cun claro 18-8 para o Punta del Este. O segundo tempo foi un calco do primeiro, o Oar non era quen de parar a Juanca, mentres que a boa defenda de Edu e Simón sobre todo, xunta coa boa actuación de Antonio na portería impedían que os visitantes marcasen. No terceiro, a relaxación transformouse en erros de lanzamento para o Punta del Este Xiria, feito que se acabou pagando no marcador, pero no derradeiro cuanrto, os de Xiria, despois do aviso anterior volveron coa mesma actitude e fixéronse de novo co mando do partido.

Importante victoria para os carballeses que lle transmite un plus máis de confianza no seu xogo e nas súas posibilidades, xa que xogadores como Simón, Edu ou Sergio Álvarez tiveron un papel importante e comprobaron que a pesar da súa inexperiencia para gañar todo o equipo debe aportar algo e así o fixeron.

14/03/2009 ASESORIA SUEIRO XIRIA 8 – BM PONTEDEUME.ES 0

Asesoría Sueiro Xiria: Andrés, Roi Lois, Cristopher, Andy, Paula, Ronaldo.

Balonmán Pontedeume.es: Manuel, Juanca, Antonio, Edu, Lois, Sergio Álvarez.

Colexiados: Sr. Martín Rial, cumpriu coa súa labor.

Parciais: 13 – 3, 12 – 4, 17 – 1, 12– 6. ( 64 – 14 )

Cuarta xornada da liga provincial benxamín, na que o Asesoría Sueiro Xiria se impuxo con claridade a un Balonmán Pontedeume que a pesar de todo amosou unha evidente melloría con respecto ao comezo da competición, xa que nas súas filas conta cun gran número de prebenxamíns.

De todos modos o Asesoría Sueiro saíu moi metido no encontro, cunha boa defensa e moitísima movilidade dos xogadores e do balón nas acción ofensivas, sen prácticamente facer uso do bote o equipo carballés foi quen de atopar portería con facilidade, e ao mesmo tempo amosar moita eficacia no lanzamento que permitiu unha cómoda victoria nos primeiros dous tempos; feito que se repetiría nos derradeiros cuartos. Vitoria importante cara á competición para o Asesoría Sueiro Xiria para desbancar da parte alta da táboa tanto ao Punta del Este Xiria como ao Caixanova OAR.

XORNADA 4 (Sede: Pontedeume)

28/02/2009 BM. PONTEDEUME 0 – AFRICLIBER XIRIA 8

Bm Pontedeume 0 (11): Pablo, Xiao, Diego, Hugo, David, Jorge

Africliber Xiria 8 (47): Roi, Diego, Alba, Daniel, Pablo, Mario, Adrián, Pedro.

Colexiados: Sr. Martín Rial, fixo unha boa labor.

Parciais: 1–12, 5–8, 3–7, 2–20. (11 – 47)

Partido correspondente á cuarta xornada da liga provincial benxamín que se disputou no Pavillón Municipal da Casqueira de Pontedeume e no que o conxunto carballés do Africliber Xiria se enfrontaba ao Bm. Pontedeume.

A diferenza que reflicte o marcador fala ben ás claras do que se viu na cancha de xogo, cun equipo con rapaces que levan máis tempo xogando ao balonmán e que teñen una ano máis de idade que os seus rivais neste partido. O primeiro e cuarto cuartos foron os de máis intensidade por parte dos carballeses que non tiveron problemas para marcar grandes diferenzas no marcador e no xogo, mentres que no segundo e terceiro cuarto deixáronse levar pola superioridade e non estiveron o concentrados que deberían.

XORNADA 3 (Sede: Carballo)

07/02/2009 ASESORIA SUEIRO XIRIA 2 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 6

Asesoría Sueiro Xiria: Sergio Pombo, Andrés, Xoán, Roi Lois, Cristopher, Andy, Paula, Ronaldo.

Punta Del Este Xiria: Manuel, Juanca, Antonio, Edu, Lois, Sergio Álvarez.

Colexiados: Sr. Martín Rial, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 4 – 10, 4 – 18, 17 – 9, 8– 11. ( 33 – 48 )

Chegou ao pavillón do colexio Fogar a terceira xornada da liga provincial benxamín, e comezamos a mañá cun enfrontamento entre dous dos equipos das Escolas de Balonmán Xiria. A priori o encontro vaticinábase como moi igualado, pero o equipo de Punta del Este aproveitouse da inseguridade coa que saíron os seus rivais para impoñerse con autoridade no primeiro cuarto, as paradas de Manuel na portería e a boa defensa fixeron que os compoñentes do Asesoría Sueiro Xiria chegasen ao segundo cuarto con moitas dúbidas, ademáis de non atopar situacións claras de lanzamento non eran quen de cortar a facilidade anotadora de Juanca, que fixo moito dano durante case todo o encontro. No terceiro tempo cambiaron os papeis, o Punta del Este deu descanso a algún dos seus xogadores máis desequilibrantes, feito que o Asesoría Sueiro aproveitou para impoñer un bó correctivo e facerse con dous importantes puntos de cara á clasificación ligueira. No último cuarto a igualdade predominou no marcador, a boa defensa de Andy sobre Juanca e os goles de Sergio Pombo mantiñan abertas as posibilades do Asesoria Sueiro Xiria ata o final, pero Sergio Álvarez tomou a responsabilidade para o Punta del Este e anotou importantes goles que permitiron que o seu equipo se alzáse cos dous últimos puntos en xogo.

Un bo encontro, no que se deixou claro que a competitividade e a deportividade son valores totalmente compatibles nestas idades.
07/02/2009 AFRICLIBER XIRIA 0 – CAIXANOVA OAR 8

Africliber Xiria: Adrián, Diego, Alba, Daniel, Pablo, Mario, Roi, Pedro.

Caixanova OAR: Jorge,Yago, Aresi, Marcos, Pablo.

Colexiados: Sr. Brais Puñal, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 9 – 10, 3 – 12, 6 – 10, 8 – 9. ( 26 – 41 )

Á mesma hora pero na outra pista enfrontábanse o Africliber Xiria e o Caixanova OAR. Comezaba ben o encontro para os carballeses que saíron moi metidos, con moita intensidade en defensa que lles permitía rápidas transicións da cara á portería rival, pero ese parcial acadado de 4–0 fixo que os xogadores do Africliber se relaxasen e en menos de dous minutos viran coma esa vantaxe desaparecía, as numerosas pérdas de balón dos locais tramsformábanse en goles do OAR e isto provocou a victoria final pola mínima. O segundo cuarto estivo marcado pola maior corpulencia física dos visitantes e a pouca concentración dos locais, que fixo que o marcador se decantase a favor dos primeiros. Os dous últimos tempos foron moito máis igualados, e o Africilber Xiria sempre tivo opcións de acadar algo positivo, a boa defensa e a mobilidade en ataque permitía inquedar aos coruñeses, pero ao final o infortunio e as imprecisións nalgunhas accións de lanzamento fixeron que os puntos viaxasen á Coruña.

Aínda que o Afriliber non acadase a victoria, podemos sacar conclusións moi positivas deste partido, que ao fin e ao cabo é o importante; amosouse unha gran evolución por parte dos xogadores, tanto en actitude coma en valores técnicos e tácticos, cabe salientar a boa actuación de todos oa xogadores que están evolucionando a pasos axigantados e da gusto velos con esa confianza e desparpaxo dentro da pista, sobre todo a Roi e a Alba que se botaron o equipo ás costas en momentos importantes do encontro. A seguir así.

XORNADA 1 (Sede: Pontedeume)
10/01/2009 BALONMÁN PONTEDEUME 1 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 7

Balonmán Pontedeume: Pablo, Xiao, Diego, Hugo , David , Jorge.

Punta del Este Xiria: Manuel, Juanca, Antonio, Simón, Edu, Lois, Sergio Álvarez

Colexiados: Sr. Pablo López, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 0 – 19, 0 – 10, 3 – 3, 3– 18. (3 – 50 )

Comezou tamén a liga na categoría benxamín co mesmo sistema de competición que os alevíns, é dicir cada xornada xógase nunha sede por sistema de concentración, disputándose tamén a primeira xornada no pavillón da Casqueira en Pontedeume. Os nosos rapaces do Punta del Este Xiria tocoulles lidiar nesta primeira xornada co equipo anfitrión. O partido comezou moi ben para os nosos, xa que dende o primeriro minuto deixaron clara a súa superioridade. A pesar do frío os carballeses entraron con moitas ganas, que se traduciron en rapidez e intensidade defensiva, ademáis dun bo xogo colectivo, o cal se acabaría reflictindo no marcador final. No terceiro cuarto a relaxación pasoulle factura aos carballeses e as imprecisións nos pases e nos lanzamentos xunto coa concesión de tres goles a pase de directo de porteiro dos eumeses propiciraron un chamativo empate tendo en conta os demáis parciais.

Cabe salientar a actuación de Edu, Lois, Simón, Sergio Álvarez e Manuel que a pesar de ser o seu debut en competición oficial, amosaron entrega e valentía no xogo. Juanca e Antonio tamén aportaron moitísimo ao equipo.
10/01/2009 AFRICLIBER XIRIA 3 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 5

Africliber Xiria: Sergio Pombo, Andrés, Xoán, Roi, Lois, Cristopher, Andy, Paula, Ronaldo.

Asesoría Sueiro Xiria: Adrián, Diego, Alba, Daniel, Pablo, Mario, Roi, Pedro.

Colexiados: Sr. Pablo López, cumpriu ca súa labor.

Parciais: 6 – 8, 7 – 8, 9 – 9, 14 – 8. ( 33 – 36 )

No segundo partido da xornada enfrontáronse os outros dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria. A nota predominate durante todo o encontro foi a igualdade no marcador; nos dous primeiros tempos o Asesoría Sueiro Xiria levouse a victoria por mínimas vantaxes de un e dous goles e onde a faceta anotadora de Andrés foi decisiva. Nos últimos dous cuartos o Africliber sacou a súa coraxe, amosando uns ataques cheos de rapidez e de pases, sen prácticamente facer uso do bote, e cuns Pablo e Alba inspiradisimos en defensa acadaron tres puntos que serven de recompensa para un equipo que cada vez está a traballar con máis ganas e disciplina.

Podemos sacar moitas notas positivas deste encontro, pero deixando a un lado a técnica e a táctica, podemos destacar o espléndido comportamento de ambos equipos, amosando unha gran deportividade e compañeirismo entre eles, un dez para os rapaces.