Bo partido do Laber Xiria para derrotar en Vigo ao Carballal

Carballal 21 – Laber Xiria 24 (11-14)

Os carballeses tiñan un complicado compromiso visitando a un dos líderes desta División de Honra Xuvenil, pero xogaron magnificamente as súas opcións, cunha gran defensa de anticipación e moito control sobre o xogo de ataque.

O 6:0 defensivo do Laber con certa saída sobre os primeiras liñas do rival, foi dando froitos co transcorrer dos minutos, ao Carballal custáballe ver portería con facilidade e o máis salientable, por veces a presión do Xiria facía que éstes tiveses perdas de balón, o que daba pé a saídas rápidas a contra. Pese a elo o partido transcorría pola senda da igualdade, os ataques largos en busca de cómodas accións de lanzamento daba seguridade no control de partido ao Laber, que na recta final da primeira metade cobraba a diferenza de tres goles, 11 a 14.

Para a segunda metade, visto a entidade e fortaleza do rival, cabía esperar unha reacción por parte dos olívicos, como así foi, empatando novamente o encontro e obrigando a deter o deviñer cun tempo morto aos 5 minutos. A consigna estaba clara, non caer na precipitación e ritmo do rival, controlar as accións en ataque para evitar perdas de balón e as consecuentes contras. Foron capaces os xogadores do Xiria de ler perfectamente o encontro e apremando en defensa conseguían a distancia suficiente no marcador para chegar a un final de partido onde o Carballal se precipitou ante a escasee de minutos restantes, finalizaba co marcador de 21 a 24, gran triunfo para o primeiro partido do ano.

A.D. Carballal 21 (11): Pablo González e Brais Fernández (porteiros), Oscar Otero 10, Manuel Chao 1, Ivan Fernández 3, Brais Cabaleiro, Samuel Barciela 1, Pedro Fernández , Alberto Romero 2, Lois Castro 2, Nano Costas, Alejandro López 1, Iago Costas e Anxo Fontán 1.

Laber Xiria 24 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 11, Adrián Mesejo 2, Mario Cancela 9, Franco Rial, Ivan Hernández, Andrés Urbieta 1,v Manuel Rama, Diego Antelo, Aaron Rodríguez e Dani Mallo.

Arbitraron Marcos Pérez e Cristina Olleros, sen complicacións