O Laber Xiria non pode co Luceros

Laber Xiria 25 Luceros 29 (13-12)

Demasiada ansiedade por resolver e a pouca paciencia no ataque, pasaron factura a un Laber Xiria que se atopou cun rival duro e moita envergadura en defensa e que soubo aproveitar os seus momentos de partido para levarse a vitoria.
Primeira minutos do encontro onde o Laber se sentía cómodo, dominando o encontro ben pechado sobre a súa defensa 6:0 e resolvendo sen problemas no ataque, pero cando dominaba no marcador 7-4 chegaron as presas e as xogadas precipitadas en ataque, que daban opción aos de Cangas a igualar o encontro, a parcialidade arbitral tampouco beneficiou aos locais que vían como en innumerables accións eran prexudicados.
Logo da volta dos vestiarios trala vitoria mínima no marcador, 13-12, no ataque do Xiria incrementouse a precipitación, facendo ataque moi curtos e moi mala selección de lanzamento, atopouse cun inspirado porteiro rival que atallaba case todo e chegou a errar ata 3 lanzamentos e varias contras que como consecuencia fixeron que os do Morrazo se puxeran por adiante e conservasen a distancia ata o derradeiro pitido final.

Laber Xiria 25 (13): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 12, Dani Mallo 3, Franco Rial 1, Aaron Rodríguez 2, Diego Antelo 3, Toni Calvelo, Carlos Varela, Pablo Esmorís, Fer Mallo 4, Alex Puñal e Esteban Puñal

Balonmán Luceros 29 (12): Xian Fernández 2, Eloy González, Javier Fernández, Adrián Bernardez 10, Pablo Giráldez 2, Dacunha, Sergio Pi 1, Diego Pousada, Darío Pérez 3, Iago Fonseca 9, David Pousada 1.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Cristian García, levaron moi mal o encontro, índoselle das mans