Comenzan as competicións alevíns de BM7

Novo partido a domicilio para o Calvo Xiria, desta volta viaxa para enfrontarse ao Rodosa Bm Chapela nunha pista dabondo coñecida por un Calvo Xiria que debe de mellorar na faceta goleadora, e tratará de logralo a través do seu xogo colectivo; tratando de imprimir velocidade e manter o nivel defensivo do seu 5:1. Factores importantes para lograr o obxectivo dos dous puntos. Os dous equipos chegan empatados a puntos na clasificación. O partido disputarase no pavillón Manuel González Soto ás 18:30.
 
As rapazas do Goldie Xiria Carballo Turismo afrontan o seu primer derbi da tempada, neste caso a domicilio e na pista do pavillón O Areal, en Camariñas. As de Carballo tentarán sumar a súa segunda vitoria consecutiva, algo que todavía non conseguiron nas catro xornadas que se levan disputadas. Enfrente estará un equipo sempre competitivo e moi perigoso, máis si cabe ante a necesidade de estrear o seu casilleiro de puntos. As de Carballo contan cas baixas de Natalia con seguridade e a dúbida de Mina e Tamara. O encontro será o Domingo as 13:00h.
 
Os equipos cadete e xuvenil masculino viaxan ata Redondela para enfrontarse á SAR Médico Cesantes. Xogarán o sábado pola tarde na Bombonera. Ás 16:30 empezará o Laber Xiria e ás 18:15 o Grupo Lemaco Xiria. Os dous equipos esperan romper a serie negativa das últimas semanas. O Laber debe de volver atopar o seu xogo e mantelo durante todo o partido; mentres o Grupo Lemaco Xiria ten que seguir na liña do último partido contra o Luceros.
 
Os infantís do Garaysa Xiria xogan o domingo contra o Balonmán Atlántico en Oleiros. O equipo segue crecendo en competición e quere manter o liderado no derbi provincial de división de honra. Nas divisións provinciais; os infantís do Metalúrxica BB Xiria, estréanse como locais. Terán que madrugar pois o partido que lles enfrontará ao Bm Ribadosar.es de Santiago, disputarase o sábado ás 10:00 no Fogar. Seguidamente empeza a competición alevín mixto bm7. Ás 11.30 farano os alevíns de Gallega de Mallas Xiria contra o Bm Xallas FC e ás 12:30, as alevíns do Gestagua Xiria enfróntanse ao Club Balonmán Atlántico.
 
No apartado feminino, as infantis do Punta Del Este e as cadetes do Hierros Varela Urbieta viaxan ata a Guardia, un desplazamento longo para enfrentarse ao ATL. Guardés, referencia xunto co BM. Porriño en categoría senior feminina na nosa comunidade autónoma. As infantís desexan seguir ca boa tónica das últimas duas semanas e conseguir unha nova vitoria, mentres as cadetes tentarán sumar de novo dous puntos despois de tres xornadas consecutivas sin conseguilo. Non será tarefa sinxela, e moito menos cas baixas de Alba García por lesión, Nerea Varela por asuntos familiares e a dúbida de Lara Otero e Lucía España. As primeiras xogarán o sábado as 11:00 e as segundas as 12:30 no pavillón A Sangriña (A Guardia).
 
Por último, as alevíns de BM.7 comenzan a súa competición, será o sábado as 12:30 no pavillón do Fogar no partido Gestagua Xiria Fem – Club Balonmano Atlántico. As rapazas do clube carballes están ansiosas e ilusionads por progresar e facer un bo papel nesta súa primeira participación en campo grande.