Duro golpe para un Calvo Xiria que errou moito

O Calvo Xiria perde na casa diante dun Balonmano Ingenio no que destacou Abian con 11 goles na segunda parte. A defensa do Xiria, non soubo frear a tempo ao xogador insular e en ataque perdou nos lanzamentos próximos ao porteiro Alberto Falcón.

Ambiente de gala no Vila de Noia, cunha afección de 10 e animando sen parar ao longo dos 60 minutos. Durante a primeira parte, a igualdade foi a tónica dominante, aínda que o Calvo Xiria gozou dunha vantaxe de 3 goles chegados ao minuto 20; que non soubo sentenciar ao contraataque; perdoando en exceso no lanzamento. Os visitantes aproveitaron para remontar e irse ao descanso con 14 a 15 nun momento de relaxación do cadro carballés.

Tras o paso por vestiarios, intercambio de golpes entre os dous conxuntos ata o minuto 11; con 19 a 19; Abian colleu a responsabilidade do ataque canario e o Calvo Xiria correspondía coas súas porcentaxes máis baixas para gol; o que poñería en marcador en 21 a 26; máxima vantaxe do encontro a falta de 8 minutos. Á desesperada; cambiou o ritmo do partido o Calvo Xiria; que volvía correr como ao comezo do encontro e conseguía recortar diferenzas. Pero os postes, e unha xogada final con polémica que ben puido ser 7 metros, decantaron a balanza para os visitantes diante dun Calvo Xiria que nunca tira a toalla.

Calvo Xiria 26 – 27 Balonmano Ingenio

Calvo Xiria (14+12): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari, Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Dani Mallo, Chimpo, Franco Rial, Juanka Rodríguez, Manu Méndez, Álex Gómez, Jorge Bouzas, Adrián Losón y Edu Cousillas.

Balonmano Ingenio (15+12): Alberto Falcón (p), Domingo Castro, Rafa Sánchez, David Sánchez, Omar Perdomo, José Juan González, Kilian Batista, Abian del Cristo, Azael Santana, Jon Ánder Malde, Pablo Hernández, Edgar Socorro y Adrián Pérez.

Árbitros: Santiago Piñera Fombona e Pablo Castellanos García.

Incidencias:Partido correspondente á oitava xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).