Un Calvo Xiria irrecoñecible perde na Coruña

O Calvo Xiria caeu este sábado ante o Oar Coruña nun derbi que durou 10 minutos; A partir de aí, a desconexión global deixou un partido cómodo para os locais que se foron no marcador ata unha diferenza máxima de 12 goles. O resultado final 31 a 21 é un claro reflexo do que se mostrou na pista.

Nos primeiros minutos de partido as defensas dos dous equipos impuxéronse con claridade aos ataques. Cos xogadores axustándo á precipitación inicial; o Oar Coruña conseguiu saír antes do bache, con maior eficacia no lanzamento, o que finalmente lles deu máis tranquilidade. O Calvo Xiria comezou a ir a remolque e con 8 a 4 no minuto 20; o desorde táctico creou un oco ata o 11 a 4; por un intercambio de goles cara o final da primeira metade que deixaba o marcador ao descanso cun 15-8.

Despois do descanso, máis do mesmo; o Calvo Xiria irrecoñecible en todas as fases do xogo, viu que a diferenza se ampliaba sen facer nada por remediala. O resultado final de 31 a 21 é xusto e agora toca pensar no próximo partido na casa ante o Granitos Ibéricos Carballal.

Attica 21 Hotels Oar Coruña 31 – Calvo Xiria 21

Attica 21 Hotels Oar Coruña (15+16): Henrique Gabriel, Pablo Martínez (5), Juan Pereira, Joel Rabade (1), Juan Carlos Rodríguez (8), Adrián Pérez (1), Miguel Simón (3), Diego Martínez (7), Alejandro Naya, Santiago Gómez, Richard De Jesús, Ramón Leal, Julián López, Francesco Aragona (5), Efren Oviaño (1).

Calvo Xiria (14+14): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p); Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (3), Fran Rey, Julián García (2), Chimpo Rodríguez (6), Diego Vega (3), Manu Méndez (2), Álex Gómez (1), Jorge Bouzas (2), Carlos Varela (1), Mario Cancela, Martín Fuentes.

Árbitros: Fernando Iñan e José Manuel García.

Marcador cada 5 minutos: 2-1, 3-3, 6-3, 8-4, 11-4, 15-8, (descanso), 18-10, 20-10, 22-12, 26-14, 29-17, 31-21 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 5ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón San Francisco Javier (A Coruña).