O Grupo Lemaco afoga na orilla ante o Bm. Porriño

O Grupo Lemaco afoga na orilla ante o Bm. Porriño

Entretido encontro o que disputaron o Grupo Lemaco xuvenil contra o Bm. Porriño na mañá do domingo no Fogar.

As carballesas afrontaban o choque con ganas de por os puntos no seu casilleiro ante un equipo que chegaba con dous partidos e dúas victorias. Un partido no que as carballesas non se mostraron moi sólidas defensivamente, cometendo erros en zonas centrais que facilitaban as cousas ás pontevedreses. Non obstante, en ataque foron atopando solucións que lle permitiron estar dentro do partido(13-17, descanso).
Na reanudación as do Xiria saíron coas ideas ordenadas e cun parcial de 6-0 colocándose ata dous goles por riba no electrónico. A tónica do encontro foi igualada con lixeiras vantaxes das verdes pero os erros técnicos non permitiron abrir as distancias. Nunha parte final do encontro mala das locais, as de Abel aproveitaron para marcar a diferencia.

O vindeiro fin de semana o Grupo Lemaco visitará a outro filial, o At. Guardés