A Cañiza enfriou ás carballesas na Liga Prata

A Cañiza enfriou ás carballesas na Liga Prata

O Grupo Lemaco cadete non puido sacar os puntos da sua visita á sempre difícil cancha de A Cañiza. 

O encontro comezou bastante errático por ambas partes, onde o desatino de cara a portería facía que as diferenzas fosen curtas. As carballesas a pesar de roubar bastantes bolas, mostráronse moi frías na transición ofensiva que non lles permitiu sacar probeito, xa que no ataque posicional estaban moito máis atascadas. Ó descanso, as da Cañiza vencían 18-13.

Foi na segunda metade onde as carballesas mostraron mellor cara en ambas facetas, conseguindo maniatar o xogo pontevedrés e aproveitando os roubos con goles rápidos ata empatar o encontro a 21 goles a falta de dez minutos. 

A desconexión defensiva e a ineficacia no lanzamento provocou que as diferencias creceran, nun encontro máis igualado do que reflicte o electrónico final.

A semana próxima as verdes recibirán na casa a Sar de Redondela