O Grupo Lemaco Xuvenil caeu derrotado con claridade ante o recientemente proclamado campión galego da categoría, o AD Carballal, que non deu opción ás carballesas que entraron no encontro xa bastante descentradas o que lles permitiu abrir distancia as viguesas desde o comezo. A alternancia de acertos con erros, non eran suficientes para un Xiria falto de continuidade e desatinado no lanzamento que permitiu tamén moitos goles fáciles para as azuis na contra.
Próxima estación, Meaño as 12.00 do domingo


