Segundo Encontro: Corinto

Despois do éxito colleitado no encontro que tivo lugar en Eslovaquia, no segundo os anfitrións da Asociación Filoxenia de Corinte en Grecia, que tamén cumpriron as voas expectativas previstas. Nesta experiencia, que tivo lugar entre o 19 e o 22 de xuño en Kryoneri-Korinthias, xuntáronse 13 mozos procedentes dos diferentes ‘partners’.

Nela tentouse achegar ao resto a realidade desta asociación grega vinculada a inclusión social das mulleres no rural, persoas con necesidades especiais, así coma a doutras entidades locais que traballan no mesmo ámbito. En relación ao tema do “Deporte para todos en áreas rurais” valoráronse as oportunidades que o entorno local posibilita, como o espazo natural, a tradición, a poboación xoven ou o turismo alternativo.

corinto_2

Por parte das Escolas de Balonmán do Xiria tomaron parte dous representantes da entidade, Olalla García Taibo e Daniel Jesús Ruiz Rivera, ambos licenciados en Ciencias da Educación.

Para coñecer o programa que se desenvolveu en Corinto premer aquí.