6 vitorias e 4 derrotas na xornada benxamín e alevín de Bm5

Chegaba a 5ª xornada da liga benxamín e alevín de Bm5 e aos nosos rapaces e rapazas tocáballes desprazarse a Santa Comba e a Oleiros respectivamente.

A fin de semana estivo mermada pola alta cantidade de nenos e nenas que estiveron enfermos e non poideron asistir aos seus partidos, o que provocou que algún que outro dos nosos equipos tiveran que viaxar apenas sen cambios.

En categoría benxamín, na mañá do sábado, desprazábanse a Santa Comba o Óptica Auris Xiria, o Mr. Nutrición Xiria e o 7 Metros Xiria. 

En primeiro lugar, as nosas benxamíns do Óptica Auris enfrontábanse ao Ribadosar Alca Épsilon e logo dun moi bo partido conseguían a merecida vitoria. Máis tarde foi o turno do Mr. Nutrición, que se enfrontaba ao Ribadosar Alca Omega nun partido onde os nosos tiveron moitos erros e non conseguiron gañar o partido. Por último, o 7 Metros Xiria, que pechaba a xornada do sábado, fixo un gran partido de principio a fin para conseguir gañarlle ao Camariñas Talleres Alfogar.

Óptica Auris Xiria vs Ribadosar Alca Épsilon: 10-6

Mr. Nutrición Xiria vs Ribadosar Alca Omega: 6-10

7 Metros Xiria vs Camariñas Talleres Alfogar: 12-4

 

Na xornada do domingo, era o turno dos outros dous equipos benxamíns, o TLM Xiria e o Aislamientos San Juan Xiria.

Primeiro saltaron á pista os rapaces do TLM que se enfrontaban ao Atlánticas, nun partido onde os nosos xogaron un moi bo balonmán e conseguiron levarse todos os cuartos encaixando moi poucos goles. Para cerrar a xornada de domingo, o Aislamientos San Juan xogaba contra o sempre complicado Colegio Liceo la Paz blanco. Os nosos rapaces xogaron un gran partido, sobre todo defensivamente, e conseguiron tamén a vitoria.

TLM Xiria vs Atlánticas: 12-4

Aislamientos San Juan Xiria vs Colegio Liceo la Paz blanco: 12-4

 

Por outra parte, en categoría alevín viaxaban a Santa Comba o Lista Xiria, o Garaysa Xiria e o Laber Xiria.

Primeiro era o turno do Lista Xiria que se enfrontaba ao Ribadosar Alca. Os nosos non xogaron o seu mellor partido, con moitos despistes na marcaxe en defensa, pero conseguiron a vitoria e así colocarse como líderes da liga no seu grupo. Logo foi o turno para as nosas nenas do Garaysa Xiria que non poideron superar ao Camariñas A, aínda que pelexaron ata o final. E para cerrar a xornada do sábado, tocáballe saltar á pista ás nosas rapazas do Laber Xiria para enfrontarse ao Concello de Zas. Un partido moi disputado no que as nosas notaron moito as baixas e caeron por primeira vez na liga esta tempada.

Lista Xiria vs Ribadosar Alca: 11-5

Garaysa Xiria vs Camariñas A: 4-12

Laber Xiria vs Concello de Zas: 4-12

 

Na xornada do domingo, viaxaban a Oleiros os rapaces do Telepizza Carballo Xiria e as rapazas do Grupo Lemaco Xiria.

Primero foi o turno das nenas do Grupo Lemaco Xiria, que xogaban contra Colegio Liceo la Paz verde. As de Carballo non conseguiron a vitoria, pero deixaron unhas moi boas sensacións na pista. Máis tarde, e para finalizar a fin de semana, o Telepizza Carballo xogaba contra o CB Atlántico nun partido onde os nosos fixeron un auténtico partidazo, tanto en defensa como en ataque e colocáronse tamén líderes da liga no seu grupo.

Grupo Lemaco Xiria vs Colegio Liceo La Paz verde: 6-10

Telepizza Carballo Xiria vs CB Atlántico: 12-4

Un pensamiento sobre “6 vitorias e 4 derrotas na xornada benxamín e alevín de Bm5”

Los comentarios están cerrados.