O HVU gaña e remata primeiro no seu grupo

O HVU Xiria remata primeiro no grupo D da Copa Sponsor trala vitoria deste sábado na Coruña diante do Bm Brigantium.

Despois da vitoria da semana pasada ante o Bm Culleredo, as nosas xuvenís seguen a demostrar o bo momento, tanto anímico coma de forma, que amosa a mellora do grupo ó longo da tempada. Nun partido sen moita trascendencia, o importante foi ver como todas as xogadoras aportan tanto en ataque coma en defensa e o nivel de xogo do equipo non varía a pesar das rotacións.

Nun encontro onde as carballesas foron claras dominadoras do comezo ó remate, cómpre destacar a actuación de María en portería, cunha meritoria actuación que amosa e progresión desta cadete de primeiro ano.

Sen tempo para a relaxación, as nosas acadan un oco para a desputa dos cuartos de final a próxima fin de semana.