MAQUISABA XIRIA 22 – 4 CLUB BM VIVEIRO
Partido correspondente á quinta xornada da Liga Prata, desputado no pabellón Fogar, Carballo.
Foi un partido moi regular por parte do Maquisaba Xiria, que conseguía encaixar tan só 1 gol na primeira parte (marcador no descanso: 11-1) e 3 na segunda, grazas a unha defensa moi intensa e con axudas ao centro que dificultaban os lanzamentos cómodos do Bm Viveiro.
En ataque víronse imprecisións que se foron solucionando co paso dos minutos, pois o Maquisaba atopouse cunha defensa 5:1 do Viveiro que facía xurdir as dudas na primeira liña.
Na próxima xornada o Maquisaba Xiria xoga de novo na casa e enfrontarase ao Telepizza Arteixo.




