A efectividade para portería; dá dous novos puntos ao Garaysa Xiria

Vitoria importante para o Garaysa Xiria, que serve para situarse terceiro na clasificación. O Octavio, é un dos rivais directos na loita polos postos altos.
Tívose que sobrepoñer; o Garaysa Xiria ao forte inicio dos vigueses; 4 a 1 en apenas 3 minutos; que frearon cun tempo morto para ordenar as ideas.
Os seguintes 15 minutos foron os mellores dos carballeses; unha defensa totalmente axustada e o forte ritmo imposto no ataque; permitían adquirir a máxima vantaxe do partido; ata os 4 goles. Era quenda do adestrador local; facer cambios. E coa defensa 5:1 e un avanzado moi presionante; permitiulles reducir distancias. Ao descanso, chegábase 16 a 17.
Á volta de vestiarios; intercambio de golpes; por parte dos dous equipos; onde os ataques dominaban ás defensas e unido á efectividade no lanzamento; iamos a uns algarismos pouco habituais. Unha exclusión do Garaysa; permitiu aos vigueses coller unha pequena vantaxe de 3 goles; que grazas á achega dos xogadores do banco, apontoando a defensa; levaría de novo o empate ao marcador.
Chegabamos ao momento clave do partido. Empatados e o Garaysa xogaba cun menos. Un bo ataque propiciou unha penetración de Esteban ata os 6 metros e exclusión ao xogador local. Na seguinte defensa carballesa, as protestas locais; levarían ao adestrador do Octavio á bancada antes de tempo. E con superioridade numérica o Garaysa Xiria; presionaba en defensa e sentenciaba o partido; deixando o último minuto para que os vigueses maquillasen o resultado de 36 a 38 final.
Dous puntos máis para o Garaysa Xiria ao que na seguinte xornada; espéralle o Bueu o sábado en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Coruxo de Pontevedra ante un centear de seareiros de ambos conxunto. Colexiado: José María García Cortizo e Iago Rodríguez Dos Santos do colexio galego.

ACADEMIA OCTAVIO 36 ( 16 + 20 ): Anxo Silveira, Roberto Castro (3), Pablo Mouriño (20), Mario Vázquez (1), Lucas García, Hugo Robles, Marcos López, Luís Álvarez (11), Manu Rodríguez (1), Carlos Curras, Roque De Arcos, Xabier Domínguez, Hector Da Cunha.

GARAYSA XIRIA 38 ( 17 + 21 ): Mateo Pallas [p], Darío Calviño [p], Andrés García (4), Ángel Viña, Esteban Puñal (10), Julián García (6), Martín Fuentes (8), Alberto Rodríguez (3), Juan Martín (4), Alberto Suárez (3).