A falta de lanzamento exterior lastra en ataque ao Grupo Lemaco.

Grupo Lemaco Xiria 16 Academia Octavio 21 (10-11)

Poucos goles se viron no choque que disputaron na categoría cadete o Xiria e o Academia Octavio. Os Carballeses coa baixa dos seus máximos expoñentes no lanzamento exterior víanse obrigados a buscar accións combinadas na procura de espazo para as penetracións.

Pero saíron cun extra de motivación os xogadores do Grupo Lemaco, sabedores de que si querían estar no partido tiñan que intensificar a defensa e arriscar nas saídas rápidas a contra. A manifesta maior envergadura dos vigueses, fixo que o Grupo Lemaco, tivese que redobrar esforzos sobre todo no marcaxe a pivote en defensa, e na consecución de penetracións en ataque. O Xiria era capaz de contrarrestar o xogo rival e non cedía no marcador con ese 10 a 11 ao descanso.

Segunda metade onde o goles facíanse de rogar, con defensas intensas e máis profundas que precipitaban o ataque e os erros nos rivais. Tivo opcións de facerse co encontro o Xiria, pero a pouca puntería nos lanzamentos ante o porteiro rival, tan so 6 goles nesta segunda metade, e unha consecución de perdas de balón no ataque, facilitaba ao Academia Octavio marcar distancia nos derradeiros minutos e facerse coa vitoria.

Grupo Lemaco Xiria 16 (10): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iago Rincón 2, Iker Martínez 1, Andrés Urbieta 4, Renzo Díaz, Mario Rincón 3, Adrián Mesejo, Franco Rial 1, Brais Vila 1, Manuel Varela, Diego Rodríguez e Mario Cancela 4.

Academia Octavio 21 (11): Rui Escario (porteiro)  Miguel Quintero 2, Gonzalo Touza 1, David Castiñeira, David Figueirido 6, Javier Molinos 3, Diego Rodríguez, Martín  Rial 1, Bruno Cela 5, César Vázquez e Carlos Novoa 3.

Marcador cada 5 min: 2-1 / 3-3 / 4-7 / 5-8/ 7-9 /10-11  / 10-12 / 12-13 / 14-15/ 15-17/ 15-21/ 16-21

Arbitraron: Sandra Piñeiro e Andrés Hermida, moi permisivos, sen exclusións