Os nenos e nenas despedíronse do campamento por este ano cunha entretida Festa Pirata, onde os máis peques fixeron a súa bandeira corsaria, e pasaron por varias probas que medían a súa pericia como grumetes.
Os máis maiores participaron nunha busca do tesouro. Os equipos competiron en varias probas piratas, na loita polo mapa que indicaba onde se agochaba o cofre co botín.