A humidade da pista condicionou ao Grupo Lemaco “B”

13ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Balonmán Ribadosar 34 – Grupo Lemaco Xiria B 32 (16-15)

Partido de risco polo esvaradío do terreo de xogo, onde acabar sen unha caída era todo un reto.
Saíu ordenado e con intensidade defensiva o equipo carballés, pero co transcorrer dos minutos foi perdendo autoridade no xogo e deixando facer ao seu rival.
O estado da pista creou certa inseguridade nos desprazamentos e nas accións de cambio de ritmo e os dous equipos optaron por acabar o encontro sen arriscar máis do necesario nas accións.
Derrota do Xiria coa liga decidida e na espera dos distintos grupos da seguinte fase clasificatoria.

Bm. Ribadosar 34 (16): Alberte Nercellas, Alex Graña 11, Alejandro Hermida 6, Gabriel Torea 4, Mateo Mosquera 2, Erik Molina 1, Pedro Sarrapio 6, Brais Ledo, Xulián Díaz e Daniel Campo 4.

Grupo Lemaco Xiria B 32 (15): Xano Rama, Dani Marta e Izan Cabeza (porteiros), Marcos Varela 5, Simón Viña, Alvaro García 1, Alvaro Gómez 3, Nico Cancela 12, Aday Gómez 3, Xabi Fernández, Andrés Pombo 2, Nico Mejuto 1 e Andrés Pedreira 5.

Arbitraron: Henrique Folgoso e Fran Leira