Comezaban no Ceip Fogar a xornada do sábado as nenas benxamíns do Óptica Auris para enfrontarse o Balonmán Camariñas Talleres Alfogar.
Un partido que as locais dominaron nos tres primeiros tempos e que a relaxación fixo que perdesen o último cuarto. Inda así as xogadoras mostraron unha melloría no seu xogo, xogando rápido o balón tras cada recuperación,defendendo ben cada unha o seu par e realizando desmarques contínuos que lle permitín golear con facilidade os porteiros rivais.
Partido que dá as nenas benxamíns os seus primeiros puntos; e que lles debe de valer para demostrar o bó facer que están amosando nas últimas xornadas e adestramentos.
Cabe recalcar o gran papel que están a desempeñar as nenas benxamíns que xogan na categoría alevín.
Óptica Auris-Camariñas Talleres Alfogar: 10-06
1er cuarto: 09-01
2o cuarto: 03-00
3er cuarto: 09-01
4o cuarto: 02-09
Natalia (1), Sara (8), Lucía (5), Noa (1), Marta (4), Érica (1), Sofía (2), Alba (1) e Paula (1).
As 11.30 era o turno para as nenas do Laber que conseguirían a súa terceira victoria consecutiva o cal as sitúa primeiras na táboa clasificatoria ante o Ribadosar.es.
Xa dende o comezo as carballesas saían cas ideas moi claras tanto no ataque coma na defensa, sabedoras de que sí son capaces de xogar rápido e roubar balóns poden poñer en apuros a calquer rival. E así o fixeron durante os catro cuartos.
Concentradas durante todo o encontro, destacar a labor defensiva de Sofía, que estivo brillante, anulando a capacidade goleadora dos nenos do Ribadosar e a actuación de Noa Quintela na portería facendo paradas de gran mérito. A labor de ambas permitía que o resto de nenas xogasen e marcasen con máis facilidade.
Laber Xiria-Ribadosar.es: 10-06
1er cuarto: 11-01
2o cuarto: 05-06
3er cuarto: 12-02
4o cuarto: 10-06
Xulia(2), Irene (5), Elena (10), Sofía (5), Noa Quintela, Julia (7) e Lucia C. (9).
Non tiveron a mesma sorte as nenas do Garaysa que marchan nunha meritoria quinta praza clasificatoria xa que se atoparon enfronte o conxunto do Concello de Zas que demostrou unha vez máis o gran traballo que está levando ca base dende fai uns anos.
Ante un equipo moito superior, as de Carballo comezaron amedrentadas sen case ser capaces de avanzar cara a portería debido a presión da defensa dos visitantes, esta presión facía a súa vez que as do Garaysa abusasen do bote e sin apenas recursos vianse abordadas polos nenos de Zas.
Co paso dos minutos o xogo cambiou e xa foron capaces de desmarcarse e de opoñerse ante os lanzamentos dos de Zas.
Tendo enfronte un equipo superior cabe destacar que as nosas nenas nunca baixaron os brazos e defenderon cada acción a pesares de ires por debaixo no marcador. Actitude ca que teñen que seguir o resto de xornadas que lles valdrá para demostrar todo o que están avanzando no xogo.
Garaysa Xiria-C.D. Concello de Zas: 04-12
1er cuarto: 01-07
2o cuarto: 02-12
3er cuarto: 02-06
4o cuarto: 03-09
Xulia(1), Lorena (1), Carla (2), Andrea (1),Sara e Lucia N. (3).
Para rematar a fin de semana de partidos na xornada de hoxe o equipo Lemaco desprazouse o pabillón San Franciso Javier.
As palabras que definen o partido de hoxe son CORAZÓN E GARRA.
Arroupadas polos espectadores que se desprazon dende Carballo para animar as súas o equipo saiu motivado como nunca o fixo dende o minuto cero. Púidose ver un partido apaixoante que non tivo gañador claro ata o pitido final.
As do Lemaco viñan de dous partidos consecutivos perdendo, nun grupo que presenta equipos de moito nivel. Enfronte o equipo do Colegio Liceo La Paz Blanco, con nenos que ganaban en altura e peso as nosas xogadoras pero que sucumbiron ante a defensa amosada polas de Carballo.
Daquí a importancia de aprender a xogar en equipo, todas sumaron, todas aportaron,todas pelexaron cada balón e todas se tiraron por cada rechaze ante as numerosas paradas que fixo, unha vez máis, Clara na portería.
Victoria importante que sube a moral das carballesas.
Grupo Lemaco Xiria-Colegio Liceo La Paz Blanco: 09-07
1er cuarto: 11-07
2o cuarto: 08-12
3er cuarto: 09-09
4o cuarto: 06-04
Clara (4), Sofía (5), Natalia (5), Mencía (11), Ana e Elena (9).

