A irregularidade lastra ao Grupo Lemaco Xiria no derbi

Gran primeira parte do Grupo Lemaco Xiria, que xerou moitas dificultades a través do seu defensa 6:0, ao ataque de Culleredo. Ao descanso, 16 a 15, a diferenza foi mínima, xa que o Xiria gozou de lanzamentos cómodos desde os 6 metros, que non puido materializar. O meta Jorge mantivo ao equipo visitante no partido.

A segunda metade, foi totalmente distinta. O Grupo Lemaco perdeu a profundidade defensiva, e viu como nos primeiros 10 minutos a pesar de xogar ata dúas veces en superioridade, non conseguía frear a un Culleredo, que saíu a polo partido e conseguiu unha vantaxe cómoda. Tentárono os de Carballo, cun cambio defensivo, pero perderan a disciplina táctica, e o sistema rompeu en continuos 1×1.

O Grupo Lemaco Xiria, teñen que quedar, coas sensacións da primeira metade, a confianza que xeraron no seu xogo. Manter a orde, a concentración nos momentos difíciles, para tratar de ser máis constantes ao longo dos 60 minutos. A semana que vén unha nova oportunidade.

Grupo Lemaco Xiria 29 – Bm Culleredo Indutec Ingenieros 37

Grupo Lemaco Xiria: Mateo Pallas [p], Darío Calviño [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (4), Martín Fuentes (7), Andrés García (1), Pedro Porteiro (1), Esteban Puñal (10), Ángel Viña, Alberto Rodríguez, Samuel Regueira, Nicolás García (1), Samuel Veiga, Miguel Goimil (3), Julián García (2).

Bm Culleredo Indutec Ingenieros: Jorge López, Iago Bescansa (3), Martín Insúa (8), Guillemo Briones (1), Alexo Muíña (2), Asel Cambón, Mateo Díaz (6), Álvaro Del Busto (1), Nuno Loxo (9), Pablo Fariña (1), Senen Garea (6).

Árbitro: Ángel Mateos colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimocuarta xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Vila De Noia