A pesar da derrota, O Punta Del Este Xiria apertou o Lavadores en Vigo

O sábado 02/01 o Punta del Este Xiria viaxou a Lavadores para enfrontarse ao Cafetería Tato BM Lavadores. O encontro tivo lugar no pavillón municipal de Lavadores ás 11:30.

Desde un inicio o encontro presentábase a favor das locais, xa que no primeiro encontro as de Lavadores gañaron con contundencia ás carballesas. Esta vez, as do Xiria tentaron poñerlle as cousas difíciles ás locais loitando o partido ata o final.

Arrincaba a primeira parte, e o Punta del Este Xiria comezaba atacando con forza, os espazos e soltando balóns conseguindo darlle unha boa continuidade ao ataque ata conseguir espazo. A boa continuidade do balón permitíalle as exteriores  anotar. En defensa, un bo traballo da avanzada disuadindo pases, relantizáballe o ataque  as do Lavadores, deste xeito a defensa puido chegar ben a todas as axudas, aínda que as de locais conseguían anotar gol grazas ao seu bo manexo das fintas e do lanzamento exterior.
Chegouse ao descanso cun resultado 19-9 para as locais.

Na segunda parte, as carballesas saían en defensa coa mesma intención que a primeira parte. O cansazo deixaba ver descoidos  que beneficiaban ás locais, de modo que as do Xiria viñeronse a baixo. No ataque comezaban a realizalo non tan dinámico e fluído como na primeira parte, favorecendo ao traballo das locais en defensa. Trás este bloqueo das carballesas a adestradora Natalia, decidiu pedir tempo morto e organizar outra vez o xogo.
Unha vez no campo as carballesas dérono todo, cun xogo dinámico de varias sucesións de pases en movemento que finalizaban en gol. Chegando ao final do partido cun resultado 30-17.

Un encontro moi intenso pero que foi moi satisfactorio para as do Punta del Este Xiria, xa que puideron facerlle fronte e en ocasións anularlle as posibilidades de gol.

 

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lucía Lema[p], Stefanía Landri, Lara Hernández(2), Catalina Magalhaes(2), Natalia Cancela (9), Candela Couto, María Patiño(2), Dunna Barca(2), Leticia Santos.

CAFETERÍA TATO BM LAVARORES: Lucía A. (5), Judit C.(1), Cecilia A., Ana P., Sara P., Marta S.(3), Sandra A., Itznar M.(6), Aroa F.(9), Africa F.(4), Sofía M.(2), Adriana P., Antía F.

 

Esta fin de semana o Punta del Este Xiria recibe na casa o Seis do Nadal-Coia, o encontro terá lugar o sábado 09/02 as 10:30 na zona escolar Fogar, Carballo. Presentaselles un partido asequible as carballesas, xa na primeira volta foron capaces de facerse coa victoria sen complicacións. Nesta volta as do Punta del Este Xiria tentarán obter un bo resultado.