A pesar das importantes baixas, o Punta Del Este Xiria puxolle as cousas difíciles o Rasoeiro

O pasado sábado día 1 de decembro o Punta del Este viaxou ao Grove para enfrontarse ao Rasoeiro BM A. O encontro tivo lugar no Pavillón Municipal Monte dá Vila ás 10:30.

O encontro comezaba cun Punta del Este centrado en defensa, chegando ben aos choques, relantizandolle o xogo ás locais que non atopaban espazos para penetrar e anotar. A boa defensa das carballesas xunto cuns repregamentos ofensivos efectivos terminaban en claras situacións de goles.
En ataque o Xiria tentaba mover ben o balón atopando claras ocasións de goles das exteriores que lanzaban totalmente soas. Aínda así, o partido estaba moi igualado, foise ao descanso cun resultado de 12-12.

As do Punta del Este Xiria non se deixaron intimidar polas locais, aínda tendo baixas importantes.

Comezaba a segunda parte, o Punta del Este Xiria saíu mais forte que nunca, seguindo a mesma liña que na primeira parte. As locais subiron un pouco a intensidade polo que as carballesas puideron responder ben. O encontro estaba moi rifado, xa que sempre ían dous goles por encima das locais. Os cinco últimos minutos foron decisivos para gañar o partido, as locais aproveitaron uns erros ofensivos das do Xiria, chegando a remontar o partido, levándose a vitoria cun resultado de 24-22.

Gran partido por parte das carballesas, con moi bo movemento de balón e unha boa defensa. As baixas das porteiras así como dalgunha outra xogadora foron importantes no encontro, aínda así as carballesas pelexaron e demostraron unha vez máis o gran traballo que están a realizar día a día.

RASOEIRO BM A: Cira O., Victoria G., Zeltia P.(12), Carmen O.(2), Mireia V.(2), Carla D.(1), Erica O., Yaiza V.(1), Uxía M.(1), Xulia C.(2), Luna O.(2), Noa P.(1).

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Candela C., Catalina M.(4), Stefania L., Lara S.(6), María P., Natalia C.(2), Leticia S.(2), Coral R.(2), Duna B.(4).