A previa da xornada

1ª Nacional Masculina 

Volve o Calvo Xiria o sábado ás 20:00 ao Vila de Noia; no que será o  partido da xornada; xa que o Balonmano Ingenio visita Carballo. O  conxunto das Palmas levouse a vitoria nas súas últimas dúas visitas. Polo tanto quere o Calvo Xiria cambiar o refacho ante un rival directo,  nun partido emocionante e vibrante onde a afección deberá arroupar  aos seus en cada momento.  

A procura de opcións eficaces no lanzamento a través da amplitude no xogo, xunto ao balance defensivo serán unha das armas para explotar polos de Carballo.  

1ª Autonómica Feminina  

Dobre xornada para as do Calvo Xiria; que o domingo á 13:00  enfróntanse ao Seis Do Nadal no Vila de Noia e o martes ás 12:00 en  Santa Comba, recuperarán o partido aprazado contra o Mantido SL Constr. Bm Xallas.  

Dous partidos importantes, para coller o tren da cabeza. Para iso, o  técnico Manuel López dispón de todo o persoal, un aspecto para ter en conta á hora de afrontar a fin de semana. A defensa e o contraataque  poden ser relevantes en cada un dos partidos.  

Categorías Base 

No referente ás categorías base; comeza a liga Ouro xuvenil. O  Hierros Varela Urbieta Xiria xoga o sábado ás 12:45 nas Travesas,  contra UB Lavadores Vigo e o Laber Xiria fará os propio en Carballo  ás 10:30, contra o máximo favorito, Club Cisne Balonmán Colegio Los  Sauces. 

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria A, xogan o seu particular play off de ascenso, fano como locais e os seus rivais serán o Balonman Chapela, venres ás 19:00 e o Acanor At Novás o domingo ás 11:00.  

Mentres o Garaysa Xiria e o Punta del Este Xiria A xogan os cuartos  de final de Copa a domicilio. Farano contra o Bm Culleredo Remax Riazor e Ad Carballal, respectivamente.  

Que non cho conten!!! Ven ao balonmán!!!