A previa do 18-19 de decembro

1ª Estatal
O Calvo Xiria xoga o seu último partido antes do parón do Nadal; e faino en Redondela o domingo ás 12:30; no mítico pavillón da bombonera. O seu rival, Sar Plastic Omnium, está a realizar un gran traballo coa base e ademáis da súa filialidade co Cisne; é un dos máis novos da categoría. Bo xogo en ataque posicional; coidado coa relación 2×2 co pivote, e un dos porteiros máis destacados da categoría, son as principais armas do equipo. O Calvo Xiria está moi concentrado para este partido e para iso, o aspecto defensivo é importante, o igual que imprimir un ritmo alto nas súas accións.
Todos os xogadores están dispoñibles; ninguén se quere perder a última cita do ano, o empuxe de todos e o seu compromiso por adquirir dous puntos que os empuxarían cara arriba na táboa.

1ª Autonómica Feminina
Tamén o domingo pero ás 10:30 nas Travesas, as xogadoras do Calvo Xiria enfróntase ao Forbe Reconquista de Vigo, nun dos partidos clave deste ano. Xa que a segunda praza do grupo está en xogo. As de Vigo, xa demostraron en Carballo, o porque están a pelexar polos postos altos; pero as do Calvo Xiria evolucionaron desde entón; e actualmente son segundas. O partido será igualado e veremos cal será o factor que produza o desequilibrio en favor dun ou outro equipo.

 

Categorías Base; Liga Ouro
O Laber Xiria A, ten un dobre compromiso está semana. Primeiro o sábado ás 19:30 no Vila de Noia, enfróntase a SAR; penúltimo partido da primeira volta. E o domingo ás 12:00 viaxa a Pontevedra, para xogar co Cisne os cuartos de final de Copa Galicia. O Hierros Varela Urbieta Xiria ten un difícil compromiso no Gatañal co Vitaldent Bm Cangas o sábado ás 17:00. Mentres o Garaysa Xiria
xoga ás 10:45 en o Loureiro contra o Ad Carballal.

Categorías Base; Liga Prata
O Laber Xiria B; xogará contra o Bm Ribadosar ás 17:00 en Santiago. Os xogadores queren crecer na competición e xogar minutos para gañar confianza. O Grupo Lemaco Xiria B; xoga o último partido da primeira volta en Pontedeume o domingo ás 11:15. O seu rival Galitrans Pontedeume. Punta del Este Xiria B xogará o sábado no Ceip Fogar ás 10:30; contra Bm Brigantium. Queren seguir coa excelente tempada realizada ata o momento.

Categorías Base; Alevíns
En alevín 7, Garaysa Xiria e Reneymar Xiria xogarán ás 12:00 e á 13:00 respectivamente contra dous equipos da escola de Abegondo. O pavillón será o Ceip Fogar.

Que non cho conten!!! Ven ao balonmán!!!