A previa do 20-21 de novembro

1ª Estatal 

O Calvo Xiria terá que enfundarse o mono de traballo no seu próximo  desprazamento ás Illas Canarias.  

O seu rival o Gáldar Gran Canaria, con ritmo alto nas transicións  obrigará ao Xiria a estar centrado no balance defensivo; e onde o  ataque posicional, cobrará importancia á hora de mover o balón de  forma eficaz, con pases curtos, respondendo o xogador lindeiro. Viaxarán un total de 14 xogadores; polo que faltarán dous efectivos da convocatoria habitual. O partido xogarase o sábado ás 21:00, no  pavillón Juan Vega Mateos, Las Palmas. 

Categorías Base; Liga Prata 

O Laber Xiria B, xoga en As Travesas, contra o Iberconsa Reconquista de Vigo, o sábado á 13:00. Os xogadores do Xiria, queren seguir  aproveitando as oportunidades de xogo, para continuar competindo e  mellorando.  

O Grupo Lemaco Xiria B e o Gas Abegondo, xogarán o domingo ás  10:00 no Vila de Noia. Gran duelo; entre os dous primeiros clasificados do grupo.  

Categorías Base; Alevín 7 

Reneymar Xiria e Garaysa Xiria, xogan os seus partidos como locais contra o Club Balonmano Atlántico e o Bm Linea 21; respectivamente.  Os partidos serán o domingo ás 10:00 e ás 11:00.  

Mentres Carpintería Gómez Xiria enfróntase en Almeiras contra o  Bm Culleredo Opemat o domingo ás 10:00. E por último o Laber Xiria desprázase para xogar contra Abegondo F40; o domingo ás 12:00. 

Que non cho conten!!! Ven ao balonmán!!!