A previa

O Vila De Noia, vivirá xa un dos clásicos duelos na primeira nacional
entre o Calvo Xiria e o Bueu Atlético Bm., este sábado ás 20:00. Aínda que, os resultados non acompañaron ao Bueu neste inicio de
tempada; é un dos equipos que mellor xoga da categoría e marca
goles con suma facilidade; cun característico xogo en ataque
posicional, que dominan todos os seus xogadores.
Polo que o Calvo Xiria, deberá estar pendente da velocidade de
ataque e a velocidade das transicións, dun equipo que manexa ben os tempos de xogo.
Un Calvo Xiria que quere seguir sumando puntos no seu feudo, para
iso recupera a todo o seu persoal. É importante ir sumando efectivos e confianza ao xogo do equipo. Unha maior efectividade individual para mellorar os números do ataque posicional.

Categorías Base; Liga Ouro
Os equipos do Laber Xiria A e o Hierros Varela Urbieta Xiria
viaxan ata Porriño, en dous encontros de moita dificultade para as xuvenís.

Xuvenil Masculina, Liga Ouro, x.3
Balonmano Porriño – Laber Xiria A
Sábado 23/10, 12:45, Pavillón Mpal. De Porriño, Porriño
Xuvenil Feminina, Liga Ouro, x.3
Balonmano Porriño A – Hierros Varela Urbieta Xiria
Sábado 23/10, 11:15, Pavillón Mpal. De Porriño, Porriño

 

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria A desprázanse a Rodeiro,
buscando regularidade neste inicio de liga.

Cadete Masculina, Liga Ouro, x.2
Bm Rodeiro – Grupo Lemaco Xiria A
Sábado 23/10, 10:15, Pavillón Mpal. De Rodeiro, Rodeiro

 

O Garaysa Xiria buscará a primeira vitoria, na súa visita a Abegondo.

Infantil Masculina, Liga Ouro, x.2
Abegondo F40 – Garaysa Xiria
Sábado 23/10, 12:00, pavillón San Marcos, Abegondo

As infantís do Punta del Este Xiria A e B xogan na casa onde
queren seguir coa liña ascendente do traballo semanal que veñen de
realizar.

Infantil Femenina, Liga Ouro, x.2
Punta del Este Xiria A – Clínica Dental José Luis Bm. Cañiza
Sábado 23/10, 12:00, Pavillón Vila de Noia, Carballo

 

Categorías Base; Liga Prata

Infantil Femenina, Liga Prata, x.1
Punta del Este Xiria B – Manxares Carballiño
Sábado 23/10, 10:30, Pavillón Vila de Noia, Carballo

 

O Laber Xiria B, enfróntase ao Bm. Ribadosar nunha categoría de
prata que deparará grandes emocións.

Xuvenil Masculina, Liga Prata, x.2
Laber Xiria B – Bm Ribadosar
Domingo 24/10, 12:00, pavillón Ceip Fogar, Carballo

 

O Grupo Lemaco Xiria B, será o encargado de iniciar unha fin de
semana de grandes retos para as Escolas Balonman Xiria.

Cadete Masculina, Liga Prata, x.2
Telepizza Arteixo – Grupo Lemaco Xiria B
Sábado 23/10, 10:00, pavillón De Galán, Arteixo

 

Que non cho conten!!! Ven o balonmano!!!