A primeira derrota da tempada deixa ao Calvo Xiria B sen o título e o ascenso directo

A primeira derrota da tempada deixa ao Calvo Xiria B sen o título e o ascenso directo

Xogábase o pasado sábado en Abegondo o partido da tempada. Último partido de liga que enfrontaba ao primeiro clasificado, Calvo Xiria B, co segundo clasificado, Noroplaza Atlántico. Ambos equipos chegaban a este partido con unha tempada brillante e antoxábase un partido emocionante e bonito.

NOROPLAZA ATLÁNTICO 28- CALVO XIRIA B 27

O partido amosou o que todos esperaban. Un gran ambiente de balonmán e dous equipos entregados co obxetivo claro da vitoria. O comezo do partido foi de cor verde, con un Xiria entonado en ataque e con unha defensa que pouco a pouco se ía axustando. Co paso dos minutos o partido foise igualando facendo que cada erro tivese máis importancia. O equipo carballés conseguía chegar ao descanso con unha pequena ventaxa de un gol 12-13.

Á volta dos vestiarios o Xiria saíu moi acertado nas accións defensivas con unha gran intensidade. Na parcela ofensiva cada vez ía constándolle máis atopar ocos nos que conseguir anotar. Con todo, derivado de uns pequenos erros e falta de acerto en ataque o equipo local conseguiu acercarse e igualar o partido. Neste intre foi cando os coruñeses se viñeron arriba e conseguiron aproveitar varios erros defensivos e de lanzamento do equipo carballés. Chegouse aos últimos minutos co equipo local por encima no marcador e nun arreón de fe o Xiria conseguiu chegar a ter unha última opción para igualar o partido (situación que favorecia aos carballeses). Non puido ser e o Noroplaza faise co título de Segunda Autonómica e o ascenso directo.

Destacar o ambientazo no pavellón, con moita xente desprazada dende Carballo, e a entrega de ambos equipos que amosaron un gran nivel e ofreceron un gran partido. Con este resultado o Calvo Xiria B terá que loitar polo ascenso a Primeira Autonómica en Tui o fin de semana do 10 e 11 de maio.