A segunda chega na casa (32-28) ante o Poio Artai

Boa victoria a cosechada polo Calvo Xiria este pasado sábado no Vila de Noia, onde recibiu a visita do Bm. Poio Artai. 

As de Zarra comezaron ben o encontro, onde as primeiras diferenzas no electrónico se mantiveron de principio a fin cas locais mandando todo o partido. Despois da derrota en Cangas na terceira xornada, e sobre todo polo mal xogo, as carballesas conseguiron unha mellor versión cun xogo moito máis fluído, que lle permitiu ter moita regularidade no ataque, fiel reflexo dos 32 goles anotados. Na defensa, só os lanzamentos exteriores desde o lateral esquerdo foron problema durante algúns intres, pero o tono xeral aceptable permitiu o Calvo Xiria manter sempre unha renta cómoda que á postre lle otorgou dous puntos importantes para a clasificación, ante un rival que se presume estará loitando cas carballesas por unha praza entre os cinco mellores.

Na vindeira xornada, as verdes recibirán de novo na casa ó At. Guardés na tarde do sábado no Ceip Fogar a partir das 17.45 horas.