A tensión e os nervios condicionan o Punta del Este na Fase Final

O Punta del Este disputou este fin de semana do 6,7 e 8 de Abril a Fase Final de 2ª División Infantin Femenina. Chegaba o equipo carballés a esta fase despois de rematar a liga en primeira posición. O formato de competición nesta fase é de todas contra todas a unha soa volta, tendo que disputar tres partidos en tres días.

Nesta fase as nosas xogadoras tiveron como factores en contra os nervios e a tensión de sair a competir contra tres equipos do mesmo nivel de xogo, cousa a que non están acostumadas. Esta tensión e estos nervios fixeron que en moitas fases dos partidos non amosaran o seu mellor xogo, sen embargo serviu de aprendizaxe para futuras fases.

Venres 6

O Punta del Este e o Caselas xogaban o primeiro partido desta fase. Xa dende o comezo do partido se viu que a tensión se apoderara das xogadoras de Carballo, penalizando as nosas xogadoras con moitos erros e imprecisións. As de Caselas, acostumadas a unha liga máis competida, eran capaces de soportar mellor esta tensión.

De este xeito as xogadoras de Caselas foron distanciándose paulatinamente no marcador, todo parecía que tiña un destino marcado. Sen embargo, nos minutos finales e nunha mostra de coraxe o equipo do Punta del Este apretou ata poñerse a un gol de distancia, mágoa que non tiveran tempo para máis, pois foi nos últimos minutos cando as xogadoras carballesas amosaron o seu mellor xogo.

EDM. SALCEDA CASELAS 26 (17+9) Ainoha Losada, Cristina González (4), Alba Otero, Maya Moledo (4), Laura Barreiro, Noelia Cabaleiro, Lucía Méndez (4), Ainoha Bernardez (6), Laura Rodríguez (1), Lucía Blanco, Laura Riveiro (1), Andrea Monteagudo (3), Aroa Patiño, Antía Ubiña (2), Sofía Rodríguez (1)

PUNTA DEL ESTE 25 (13+12) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa (2), Lucía España (2), Nerea Varela (5), Nina Pereira (1), Alba García (3), Lara Otero (6), Marta Gómez (5), Anna Hernández (1), Paula Bouzas.

Sábado 7

O Punta del Este xogaba contra Arteixo as segundas da súa liga, equipo que sempre llo puxo difícil para poder puntuar. Era de esperar que as xogadoras carballesas no seu segundo partido foran capaces de deixar os nervios e a tensión que xenera este tipo de competicións a un lado, lonxe de eso os nervios volveron a ser un factor determinante.

A defensa de carballo plantexábase contundente, sen embargo non eran capaces de recuperar balóns, esto facía que os ataques de Arteixo fosen moi longos e conseguirán finalmente ocasións claras de lanzamento. No ataque a falta de acerto fixo que cada vez se tivera menos confianza e, que costase cada vez máis facer gol.

Con esta dinámica o equipo de Arteixo foise distanciando no marcador, sen sufrir este variacións moi grandes. Foi esta unha derrota dura para as carballeses, pois si que estaban acostumadas a competir contra este equipo.

PUNTA DEL ESTE 14 (8+6) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa, Lucía España (1), Nerea Varela (3), Nina Pereira, Alba García (4), Lara Otero (2), Marta Gómez (4), Anna Hernández, Paula Bouzas

PARRILLADA LA RONDA RC ARTEIXO 21 (10+11) Candela Puga (4), Adela Areoso (1) , Anheliz (5), Marta Valderrama, Djana Dozo (7), Paula Valderrama (1) Lucía Ponte, Nerea Pose(3), Carla Estivaliz, Marchese Fernández

Domingo 8

Chegaba o Punta del Este o último partido sen opcións de gañar a fase, pero as xogadoras carballesas estaban dispostas a pelexar cada minuto desta fase.

Con estas gañas de loitar e de mellorar a imaxe amosada entraron as xogadoras do Punta del Este moi enchufadas o partido e con unha defensa moi presionante conseguían frear o ataque elaborado das de Vigo. Esta defensa presionante favorecía as recuperacións de balón e correr contraataques.

O partido estivo moi igualado en todo momento, ata que mediada a segunda parte o equipo de Lavadores (o cal se xogaba o primeiro posto) conseguíu desmarcarse no marcador. O equipo de Vigo foi capaz de manter as rentas ata o final do partido, pero esto non fixo que as xogadoras de carballo deixasen de loitar ata o último segundo.

LAVADORES 25 (10+15) Tania Gómez, Yasmin Mani, Athenea Barreiro (7), Alexandra Abalde, M.A Fernández (2), Candela Franco (8), Paula Alonso (1), Sandra Alperi, Hirut San Bruno, Aroa Fernández (4), Nayara Alonso, Li Yong, Sofía Molares (2)

PUNTA DEL ESTE 14 (8+6) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela, Nina Pereira (3), Alba García (4), Lara Otero (3), Marta Gómez (6), Anna Hernández (3), Paula Bouzas (1).

 

A pesar de que os resultados a nivel competitivo non foron os mellores, a lectura positiva e que estas xogadoras non deixan de loitar en ningún partido. O obxetivo e seguir mellorando e seguir aprendendo para poder competir o máximo nivel en todos os partidos

IMG-20180408-WA0037