A vitoria no derbi ante o Oar permite ao Calvo Xiria finalizar a liga na cuarta posición

O Calvo Xiria despediu a tempada 21/22 da mellor forma posible, brindándolle unha vitoria á súa afección; nun bo partido que estivo igualado con grandes defensas; pero a melloría do ataque na segunda metade do Calvo Xiria levoulles ao triunfo final por 21 a 19.

Ao comezo do partido o Oar empezaba 0-2; o Calvo Xiria abria a lata por medio de David García cando estaba en inferioridade, e ata o minuto 12 o marcador manexouse coa mínima vantaxe a favor dos visitantes. Chimpo lograba o empate a seis goles; as defensas dominaban aos ataques, e ao descanso chegouse con 9-9.

Tras a continuación, un intercambio de golpes, o Calvo Xiria primeiro poñíase por diante e o Oar devolvía a mínima vantaxe para os seus intereses; pero os locais traballaron para aos poucos ir mellorando o seu ataque e atopar as situacións que lle permitiron no minuto 23 poñerse por diante, e de novo a defensa permitiu a Diego Vega roubar un balón para poñer aos seus dous goles arriba. Antonio Mato desbarataba as opcións visitantes no tramo final e o Calvo Xiria levaba a vitoria que lle aúpa á cuarta praza na clasificación final.

Broche final a unha tempada con máis contratempos dos esperados, onde a forza e a unión dos xogadores do Calvo Xiria permitíronlles seguir adestrando e competindo ata o final.

Calvo Xiria 21 – Oar Coruña 19

Calvo Xiria (19+14): Antonio Mato (p), Mateo Pallas (p), Darío Calviño (p), Julian García, Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (1), Hugo Rodríguez (3), Carlos Guisasola, Diego Vega (5), Diego Antelo, Manuel Méndez (3), Alejandro Gómez (1), Carlos Varela, Mario Cancela (1), David García (7), Martín Fuentes.

Oar Coruña (9+10): Iago Gómez (p), Richard De Jesús (p), Cibrán Rojo, Pablo Martínez, Juan Pereira, Martín Alfeirán, Joel Rabade, Kevin Dacosta, Juan Carlos Rodríguez (4), Adrián Pérez, Miguel Simón (5), Diego Martínez (4), Alexandre Tello (5), Yoel García, Pedro Pereira, Julián López (1).

Parciales cada 5 minutos: 2-3, 4-5, 6-6, 7-8, 8-9, 9-9, (descanso), 10-10, 12-14, 13-14, 17-17, 20-18, 21-19.

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Suárez.

Incidencias: Partido correspondiente a 30ª jornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).