Adrián Dubra e Andrés Vila fanse co bronce no Campionato de España na categoría xuvenil masculina

Os carballeses Adrián Dubra, como seleccionador, e Andrés Vila, como xogador, veñen de conseguir a medalla de bronce coa selección galega na categoría xuvenil masculina no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputou a pasada semana en Vigo e Pontevedra. Salientar a difícil papeleta a que tiña o adestrador carballés, que asumía o cargo de seleccionador dous días antes do comezo da competición logo da inesperada renuncia do seu predecesor.

foto vila-dubra

Nas outras dúas categorías, nas que competían os outros 5 xogadores das Escolas Balonmán Xiria, o combinado galego cadete masculino, con Alejandro Gómez e Mario Cancela nas súas ringleiras, remataba na sexta posición do Campionato de España. No caso do combinado infantil masculino, con Julián García, Martín Fuentes e Esteban Puñal, logo de rematar na derradeira posición do seu grupo no Campionato de España o que lle ocasionaba a Galicia o descenso de categoría e disputar a Copa de España, conseguían refacerse dese revés e acadaban o bronce nesta segunda categoría.