Ampla vitoria do Punta Del Este Xiria fronte ao Teucro

O Punta Del Este Xiria, recibía o pasado sábado á SD. Teucro Pescamar no pavillón do CEIP Fogar, un rival ás que as de Carballo xa conseguiran bater na primeira volta do campionato da División De Honra da categoría infantil feminina.

As infantís do Xiria, mostráronse moi superiores desde o inicio en todas as facetas do xogo, iniciando o partido cunha gran intensidade e facendo da defensa un baluarte imprescindible para establecer as primeiras diferenzas, que co paso dos minutos tornáronse amplas.

A retagarda das bergantiñás presionaban aos seus rivais e conseguían múltiples interceptacións de balón que se convertían en goles ao contragolpe. No ataque posicional, a primeira liña das locais castigaban a portería das teucristas para marcharse ao tempo de descanso cunha vantaxe que daba por sentenciado o envite (19-4).

No segundo tempo e dada a avultada diferenza, as carballesas baixaron a intensidade defensiva e mostraron certa relaxación nesta parcela, aínda que os parciais seguiron aumentando a favor do Punta Del Este grazas á facilidade con que se conseguían goles na portería contraria. Os dous puntos en xogo, fan posible que as nenas de Xiria suban á oitava praza da táboa clasificatoria.

Punta Del Este Xiria: 20 (10+10). María Porteiro (p), Carla Bello (p), Alba Pereiro, Lara Hernández (5), nere Figueiras, Duna Barca (20), Cecilia García (3), Sara Méndez (5), Leticia Santos (7), Sara Rial (1).

Teucro Clínica Veterisaude: 43 (22+21). Mencía Díz (2), Sabela Barreiro (1), Isabel Álvarez (7), Rocío Fez (2), Daniela Poceiro (6), Rosalía Justo (2), Sara Ibañez.

Colexiado: Iván Hernández. Ben en liñas xerais. Non influíu no resultado final.

Incidencias: Encontro correspondente a 14ª xornada da 2ª volta na categoría DH Cadete Feminina disputado no pavillón CEIP Fogar o pasado sábado. Cerca de cincoenta persoas que puideron ver o bo partido das rapazas do Hierros Varela Urbieta.