Ao CalvoXiria lástranlle as perdas de balón ante o Luceros

Non empezaba ben o choque para o conxunto local. Feble en defensa, e cun balance defensivo difícil de xestionar, con tanta perda de balón en transicións e en fase de creación de ataque. No minuto 15 o marcador era un fiel reflexo do demostrado ata o momento na pista. Luceros estaba a ser mellor. A entrada de Fran Rey, e Gabriel Castiñeiras, cargaba as pilas ao resto de xogadores do Calvo Xiria. O primeiro sentou as bases da defensa e o segundo fixo o propio no ataque. Foron os mellores minutos do equipo e serviron para irse ao descanso 16 a 22.

Pero tras o paso por vestiarios, un parcial de 0 a 3, a pesar de ser un xogador máis, denotaba a falta de concentración inicial e tiraban ao traste o intento de remontada. O Calvo Xiria non se rendeu e peléxou pero os visitantes xestionaron ben a vantaxe conseguida e o marcador final, 33 a 43, foi xusto.

Seguinte parada para o Calvo Xiria; Pontevedra. Un novo intento para saír da fochanca no que se meteu e que deberán mentalizarse de que hai que mirar cara adiante e aprender dos erros cometidos para mellorar e lograr unha vitoria que se lle resiste.

Calvo Xiria 33 – Automania Luceros 43

Calvo Xiria (16+17): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p); Aarón Rodríguez (3), Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (12), Fran Rey (1), Julián García, Chimpo Rodríguez (1), Diego Vega (7), Pablo Veiga (4), Manu Méndez (2), Álex Gómez, Jorge Bouzas (1), Carlos Varela (1), Mario Cancela, Martín Fuentes (1).

Automania Luceros (22+21): Javier Fernández, Manuel Barreiro (3), Manuel Rodríguez (2), Adrián Bernárdez (6), Abel Lovera, Mateo Pallas, Pablo Fernández, Sergio Lorenzo (2), Manuel Pérez (13), Carlos Menduíña (3), Roberto Castro, Rodrigo Camaño (4), Rubén Augusto (8), Iago Iglesias (2), Miguel Pousa.

Árbitros: Juan Fernández e Daniel Valdes.

Marcador cada 5 minutos: 1-4, 5-9, 6-16, 8-18, 13-19, 16-22 (descanso), 18-27, 19-30, 24-34, 29-38 (final).