Ao Goldie Xiria Carballo Turismo, non lle chega o seu esforzo para conseguir dous novos puntos

O Goldie Xiria Carballo Turismo, non foi capaz de asinar a cuarta vitoria consecutiva no seu desprazamento a Ourense este pasado Domingo.
 
Foi un choque dominado polas locais e con arreóns das bergantiñás, que se mostraron xenerosas no esforzo e que mesmo conseguiron colocarse por diante no marcador despois dun frío comezo.
 
O conxunto da cidade das Burgas comezaría o partido superando con claridade o 6:0 das de Xiria e aproveitando os erros e multiples fallos no lanzamento do seu rival. Foi un 5-1 inicial que deu paso a vantaxes cómodas nos primeiros dez minutos, xusto antes do primeiro tempo morto solicitado polo Goldie Xiria unido a un cambio defensivo a 5:1 que cambiaría as tornas do acontecido ata o momento. Os dez minutos seguintes serían dominados polas de Carballo que grazas ás recuperacións de balón colocábanse agora por diante no marcador (8-9 minuto 20). Nunha montaña rusa de idas e vindas, as locais lograrían nos seguintes cinco minutos un parcial de 4-1 que lles faría tomar de novo unha cómoda vantaxe (12-9) que aumentarían ata os cinco oles de diferenza cando os equipos tomaban o camiño dos vestiarios no tempo de descanso (16-11).
 
Un voluntarioso Goldie Xiria Carballo Turismo sairía no segundo acto buscando a remontada, un obxectivo que se alcanzaría nos primeiros cinco minutos reducindo as diferenzas a tres goles, pero que quedaría a medias, chegando aos últimos dez minutos con esa desvantaxe. Un último arreón das locais cun 4-1 de parcial, aproveitando as precipitacións dun Xiria á desesperada, acabaría por pechar un partido que o Pavillón de Ourense soubo xogar sen nerviosismo e cun bo control das situacións que se presentaron.
 

CBM. Pabellón Ourense: 32 (16+16). Elena Valcarcel, Angela Oliveira (11), Ana Pérez (6), Sandra Sánchez (1), Andrea López (2), Verónica De Cristofaro (3), Lucía Santos, Noelia Outumuro (1), Fatima Mª Fdez (5), Michel Morales (1), Saray Fariña, Lucía Rodríguez (2), Andrea Fdez.

Goldie Xiria. 26 (11+15). Nadia Campos (p), Sara Pose (p), Carla Santiago (3), Elba Pérez (1), Aida Vizcaino (3), Mina Ribullen (8), Tamara Pombo (1), Laura Barbeira (3), Minia Calvo (1), Jessica Posse, Saray Couto, Eva Calvelo, Alba Rodríguez, Elena Segade, Sheila Ferreiro (2), Raquel Gómez (4).

Colexiados: Pablo Álvarez e Adrián Quintela. Ben, sen compliacións.

Incidencias: sétima xornada da primeira autonómica feminina. Partido celebrado na mañán do Domingo pasado no pavillón do complexo de piscinas de Oira (Ourense).